Alcachofas con allo ao forno un prato para acompañar calquer carne ou peixe

| Publicado por | Categorías: Receitas

Esta hortaliza pode tomarse como prato principal ou como acompañamento de carnes e peixes. Recorda que as alcachofas teñen un efecto diurético que axudan a eliminar líquidos e toxinas á vez que reducen o colesterol.

Ingredientes:

  • 2 alcachofas
  • 1 taza de aceite
  • 4 dentes de allo picado moi fino
  • 1-2 limóns
  • sal
  • pementa negra, a poder ser recén moida

Elaboración:

Como este prato e tan sinxelo e rápido de preparar deberemos o primeiro poñer o forno a prequentar a 180 º C. Despois poñemos unha ola con auga a ferver e exprimimos o zume de medio limón dentro.

Agora imos preparar as alcachofas. Para isto deberemos quitar as follas máis duras do arredor, despois cortar as puntas con un coitelo ben afiado e o tallo totalmente. Despois cortamolas en vertical ao medio. De seguido metémolas na auga a ferver que tiñamos preparada. Se vedes que tarda moito en ferver aconséllovos que para que non se oxiden as alcachofas cortadas e limpas as metades nun bol con auga fría e un pouco de limón exprimido.

Na Praza da Verdura poderás atopar esta e outras hortalizas, verduras, legumes e froitas frescas

Na Praza da Verdura poderás atopar esta e outras hortalizas, verduras, legumes e froitas frescas

Unha vez as alcachofas están na auga a ferver deberemos esperar uns 15 minutos. Mentres podemos preparar o adobo que se comporá da mestura do aceite co sal, o limón, o allo picado e a pementa negra moída.

Cando se terminen de cocer as alcachofas escurrímolas e pomolas estiradas nun recipiente apto para o forno. Adobamolas co aliño que preparamos e metemos ao forno que xa ten que estar quente. Reservamos parte do aliño porque deberemos darlles a volta e voltar a aliñar.

O tempo das alcachofas dentro do forno debe ser uns 5-10 minutos dependendo do tamaño e o calor do forno. Cando vexades que as puntas se queren empezar a secar e queimar será o momento de sacalo. Se vos quedou algo de adobo podedes botarllo por riba antes de servir.

Xa vedes que é moi sinxelo, limpo e fácil de facer así que anímovos a que vos acheguedes á Praza e experimentedes tanto o sabor como o benestar que a alcachofa aporta ao voso corpo. Despois de probalo seguro que máis de un e unha, terá este prato como referencia nas súas próximas comidas.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]