¿Consumes remolacha? A partir de agora seguro que vas vir mercalas á Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Aquí na Praza da Verdura queremos que os nosos lectores e clientes coñezan as verduras, hortalizas, legumes e froitas que consumen ou que poden consumir, as súas ventaxas e desventaxas para a súa saúde.

Moitos dos que estades lendo seguro que utilizades a remolacha como complemento de ensaladas pero non sabedes o que esta hortaliza fai por nos.

Vantaxas de consumir remolacha para o noso corpo

As persoas con problemas de tensión seguro que máis dunha vez escoitaron ao seu médico que debían consumir remolacha na sua dieta diaria. Esto é debido a que a remolacha é vasodilatadora mellorando a circulación sanguínea polo que se reduce a presión arterial. Ademáis esta función reduce o risco de padecer enfermidades de corazón ou ataques cardíacos.

A remolacha contén nitratos que aportan enerxía ao noso corpo dotándonos de maior resistencia. Moitos deportistas toman habitualmente esta hortaliza para mellorar o seu rendimento e evitar o agotamento temprano.

Esta hortaliza mellora o rendimento do cerebro aumentando o fluxo sanguíneo que co paso dos anos disminue. A falta de sangue no cerebro fai que baixe a actividade das neuronas e estemos mais faltos de reflexos ademáis de costarnos máis recordar cousas habituais.

Outra recomendación que nos fan os médicos é o consumo de remolacha cando temos o fígado saturado. O fígado é xunto cos riñons un filtro que elimina as toxinas do noso sangue. Este órgano limpase pouco a pouco pero as veces non se dá recuperado no tempo preciso e pode provocar problemas. Podemos axudalo a limparse consumindo zumes ou batidos de remolacha periódicamente. O correcto funcionamento do fígado fai que sexa máis doado combater os problemas de colesterol.

Consumir esta hortaliza de forma habitual tamén axuda a rexenerarnos xa que contén antioxidantes que facilitan o coidado e rexeneración de pel, uñas, mucosas, cabelo …

E por último o nosa dixestión verase favorecida xa que esta hortaliza é unha fonte de fibra que regulará o funcionamento do sistema dixestivo.

A remolacha é unha hortaliza que podes atopar en calquer época do ano na Praza da Verdura

A remolacha é unha hortaliza que podes atopar en calquer época do ano na Praza da Verdura

Precisas de máis razóns para consumir remolacha

  • Podes atopalas á venda durante todo o ano na Praza da Verdura
  • Podese consumir de moitas formas: en crú, zume, batido, ensaladas, cocida …
  • O seu prezo non é moi caro
  • Daralle un color diferente aos teus pratos.

Come de forma máis saudable e diferente consumindo verduras e hortalizas, porque comer ben non ten por qué ser aburrido.

Esperámoste na Praza da Verdura de Vilagarcía coas remolachas máis frescas cultivadas nas terras das nosas vendedoras.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]