Salteado de hortalizas: remolacha con cenoira e cebola

| Publicado por | Categorías: Receitas

Falando a semana pasada dos beneficios e vantaxes de temar periódicamente remolacha hoxe deixovos unha receita con esta hortaliza. Non quero que pensedes que só se pode comer en ensalada ou en zume, existen moitas formas diferentes de tomar verduras e hortalizas.

Ingredientes:

  • 2 bol de remolachas relada
  • 2 bol de cenoira relada
  • 1 cebola relada
  • 1 ovo
  • sal
  • pementa
  • 1 cullerada de aceite
  • 1 taza de fariña para cociñar

Elaboración:

Esta receita é moi simple e rápida de facer.

Debemos mesturar o ovo batido xunto co sal, a pementa e a fariña. Unha vez ben ligado todo procedemos a engadir a cebola, coa cenoira e a remolacha relada e voltar a remexer todo xunto.

A cenoira e a remolacha podes mercalas durante todo o ano na Praza da Verdura

A cenoira e a remolacha podes mercalas durante todo o ano na Praza da Verdura

Despois poñemos unha tixola ao lume co aceite e cando esté ben quente introducimos a mezcla anterior de hortalizas en pequenas porcións para facer unha especie de tortitas.

Fritimos por ambos lados ata que estén ben feitas e xa están listas para comer. Podes acompañalas con iogur natural ou grego, queixo ou algunha salsa un pouco agria.

Como veredes estas tortitas son perfectas para o almorzo, merenda ou mesmo de sobremesa. Porque comer verduras non ten por qué ser aburrido e insípido.

Na Praza da Verdura poderás mercar as hortalizas que precisas na Praza da Verdura de Vilagarcía, productos frescos cultivados polas mesmas vendedoras da asociación de productos hortícolas.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]