O allo: un dos condimentos que non poden faltar na cociña

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Tanto na cociña coma nos remedios caseiros o allo sempre estivo e moi presente, case como elemento primordial. Este vexetal aporta moitísimos beneficios apesar de ter un sabor e cheiro tan forte. Esta característica ven dada polo alto contido de azufre que ten.

O allo pode consumirse cocido, frito inda que o máis recomendable e o seu consumo en crú.

Por qué debo consumir o allo a poder ser en crú

  • Problemas de corazón: o allo é un bo aliado para as enfermidades como a arteroesclerose, hipertensión ou diabetes. É capaz de eliminar a placa acumulada nas arterias.
  • Reduce o risco de cancro: diversos estudio recoñecen que as verduras e hortalizas que conteñen azufre, como son a cebola e o allo por exemplo, reducen as posibilidades de formación do cancro na súa etapa inicial.
  • Reduce resfriados e infección: a súa capacidade antiséptica fai que se poidamos combatir de forma máis efectiva os organismos responsables das infeccións respiratorias.
  • Combate a alopecia: a aplicación de geles ou emplastos que conteñen allo no cuero cabelludo fai que se reduza o nivel de dexeneración do cabelo producindo a alopecia. Tamén reduce os problemas de soriase no cabelo.
  • Retrasa e mellora os casos de Alzheimer ou Demencia Senil: contén antioxidantes que evitan a dexeneración do cerebro e das conexións e procesos neuronais.
  • Diabetes: o allo axuda a regular os niveis de azucre no sangue.
  • Colesterol: consegue reducir o colesterol malo das venas.
Un antiséptico natural que podes mercar na Praza da Verdura

Un antiséptico natural que podes mercar na Praza da Verdura

Remedios caseiros nos que se utiliza o allo

  • En infeccións de oído o aceite de allo é un antiséptico moi apropiado xa que elimina as bacterias causantes das infeccións.
  • En problemas de hongos en mans, pés e pel deberemos por allo diretamente ben sexa en láminas ou un emplasto con allo.
  • Problemas de soriase deberemos tamén mesturalo co champú ou aplicar directamente un emplasto con allo.
  • Herpes labial: deberemos poñer unha lámina de allo sobre o herpes e veremos como remite.
  • Dor de muelas: deberemos poñer un puco de allo diretamente enriba do dente que nos moleste e veremos como remite a dor.

¡¡Que non falte o allo na tua cociña nin no botiquín!!, ven a mercalo á Praza da Verdura de Vilagarcía.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]