Cenoiras ao vapor aliñadas

| Publicado por | Categorías: Receitas

Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar as hortalizas necesarias para elaborar esta receita. Consulta coas vendedoras para aprender máis receitas ou coñecer as propiedades de outras moitas verduras, hortalizas, legumes e froitas que cultivas e venden nos seus postos da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa.

Ingredientes: 

  • 500 gr cenoiras tenras
  • 2 dentes de allo grandes
  • 1 cullerada de manteiga
  • jengibre fresco
  • 1 cullerada de cilantro
  • corteza de medio limón relada
  • zume de limón
  • unha pizca de sal

Elaboración:

O primeiro que debemos facer é limpar as cenoiras e lavalas ben. Despois poñémolas a cocer ao vapor durante 10 minutos ata que queden tenras.

Mentras se fan as cenoiras picamos o allo en anacos moi pequenos. A continuación quentamos a mantequilla nunha tixola que non se pegue e engadimos o allo e o jengibre.

Dámoslle unhas voltiñas e retiramos do lume, este é o momento en que engadimos a corteza relada do limón, o sal, o cilanto e o zume de limón.

As cenoiras xa teñen que estar listas así que estirámolas nun prato e botamos por riba o aliño que preparamos na tixola.

Este prato podédelo utilizar como primer prato ou como acompañamento dunha carne ou un peixe. Ten moi poucas calorías pero está cheo de vitaminas xa que a cenoira contén vitamina A, C e E e ademáis e antioxidante.

Utilizar allo nos teus pratos tamén che vai a axudar xa que é un antiséptico natural que axuda a reducir o nivel de colesterol e a diabetes.

Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores

Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]