Verduras asadas ao forno prato baixo en calorías

| Publicado por | Categorías: Receitas

Con tanta festa de verán o noso corpo pide a gritos unha desintoxicación de grasas e azucres, esta é unha receita baixa en calorías que aportará ao teu corpo enerxía e axudará a limpar as toxinas, azucres e colesterol. Na Praza da Verdura podes atopar verduras, hortalizas, legumes e froita que che axuden a manterte saudable para afrontar o día a día.

Ingredientes:

  • aceite de oliva
  • 1 pemento vermello
  • 1/2 pemento verde
  • calabaza
  • calabacín
  • 1 cebola grande
  • 4 alcachofas
  • tomillo seco
  • sal
  • pementa negra

Elaboración:

O primeiro que deberemos facer é poñer o forno a prequentar a uns 220º C.

Despois empezamos a limpar as verduras e hortalizas. Comezamos preparar as  alcachofas, para isto deberás limpalas cortándolle as puntas e quitándolle as follas máis duras do arredor deixando só o corazón da alcachofa. Deberás cocélas con un chorriño de limón durante uns 10 minutos.

Mentres picamos os pementos en tiras e anacos finos, depois cortamos a carne de cabaza e o calabacín en cadrados pequenos que se poidan comer dun bocado. As cebolas cortámolas en tiras finiñas para que se fagan ben.

A cabaza ten moi poucas calorías e moitas vitaminas para o noso corpo

A cabaza ten moi poucas calorías e moitas vitaminas para o noso corpo

Unha vez está todo listo poñémolo nunha bandexa de forno con chorriño de aceite de oliva por baixo, e por riba, engadimos máis aceite, sal, tomillo e pementa negra. Listo para meter ao forno xa prequentado.

Deberás deixar as verduras e hortalizas durante uns 20-25 minutos  ata que se empezan a poñer doradas. Podemos ir abrindo o forno e remexendo se queredes que as de arriba non se tosten tanto.

A este prato podedes engadirlle outras hortalizas como cenoira, tomate, patacas … o que prefirades. Simplemente deberedes ter en conta a dureza de cada verdura ou hortaliza que aportedes a maiores para que non queden unhas crúas e outras demasiado feitas.

Como vedes un prato sinxelo feito con verduras, que vai perfectamente para unha cea ou unha comida lixeira. Aporta moi poucas calorías pero si vitaminas e minerais necesarios para o noso corpo.

Porque alimentarse con verduras non ten que ser aburrido, achégate á Praza da Verdura e observa todas as posibilidades que tes.

As labradoras e vendedoras da Praza de Abastos de Vilagarcía poden axudarche a elexir as verduras e hortalizas.

Verduras, hortalizas e legumes frescas a diario na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

Verduras, hortalizas e legumes frescas a diario na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]