O brócoli unha axuda contra os problemas de alerxia natural

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

O brócoli é unha hortaliza da familia das crucíferas moi parecida á coliflor. O brócoli ten moi mala fama sobre todo entre os máis pequenos da casa porque ten un sabor moi forte.

Pero o sabor é o de menos se temos en conta todos os beneficios que nos aporta: vitaminas e minerais. A continuación vamos a enumerar todo o que vamos notar se consumimos esta hortaliza que podes mercar na Praza da Verdura.

Propiedades beneficiosas do brócoli fresco

  • Axuda a reducir o colesterol: esta hortaliza contén fibra que axuda a regular o sistema dixestivo facilitando a eliminación do colesterol do sangue.
  • Reduce os síntomas das alerxias: o brócoli funciona como anti inflamatorio e reduce o efecto que teñen os alérxenos no noso corpo. Tamén é beneficioso o seu uso en persoas con problemas de artrite.
  • Antioxidante: esta hortaliza axuda a evitar o deterioro da pel, mucosas, cabelo … influe na rexeneración máis rápida das células que os compoñen.
  • Ósos: o brócoli contén uns niveis moi altos de calcio e vitamina K que influen na composición dos ósos e evitan a osteoporose temprana. En mulleres de avanzada idade ou en nais que dan o peito aos seus fillos é moi recomendable o consumo desta hortaliza. Xa que son grupos de especial risco na aparición de osteoporose temprana.
  • Corazón: o brócoli contén omega 3 que axuda a reducir o colesterol ademáis as súas propiedades antiinflamatorias axudan á correcta circulación do sangue evitando ataques ou trombos.
  • Dixestión: o alto contido en fibra permite o correcto funcionamento do sistema dixestivo
  • Vista: o brócoli contén vitamina A e fósforo que axudan a protexer e evitar a dexeneración da vista, que cada vez sufre mais por culpa dos móviles, ordenadores …

¿Necesitades máis razóns polas que consumir verduras e sobre todo brócoli?

O consumo regular de verduras e hortalizas axuda a equilibrar o noso corpo

O consumo regular de verduras e hortalizas axuda a equilibrar o noso corpo

Merca as verduras e hortalizas no mercado local. As vendedoras da Asociación da Praza da Verdura cultivan, coidan e recollen elas mesmas todas as verduras, legumes, hortalizas e froitas que venden nos seus postos todos os martes e sábados durante todo o ano.

Productos hortícolas frescos sen intermediarios que garanten a calidade e o sabor dos teus pratos.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]