Tortilla de brócoli con touciño

| Publicado por | Categorías: Receitas

Na Praza da Verdura de Vilagarcía ademáis de ofrecer as mellores verduras e hortalizas aos nosos clientes, queremos ofrecerche ofertas e ideas para comer diferente con verduras. Por este motivo periódicamente podes ver receitas con verduras e hortalizas para que vexas que comer sano non é aburrido.

Ingredientes:

  • touciño afumado cortadiño en anacos pequenos
  • patacas
  • ovos
  • brócoli
  • queixo relado
  • leite
  • sal
  • aceite de oliva

Elaboración:

Esta receita ben sendo como a dunha tortilla normal pero con algunhas diferenzas.

O primeiro que deberemos facer é poñer unha tixola ao lume con aceite abundante. Mentres pelamos e picamos as patacas en anacos pequenos e cando esté o aceite quente introducimos as patacas.

Por outra parte poñemos a cocer o brócoli ao vapor ou en auga, o único que debemos deixar que quede un pouco duro. Cando as patacas e o brócoli estén listos escurrímolos e reservámolos para despois. Neste momento retiramos o exceso de aceite na tixola e poñemos o touciño a dourar xunto co brócoli.

Agora imos preparar o ovo. Nun bol grande introducimos os ovos que creemos necesarios engadimos un chorriño de leite e batemos. Unha vez está ben batido engadimos sal, queixo relado, as patacas, o brócoli e o touciño.

Remexemos ben e introducimos na tixola a lume baixo para que vaia facéndose pouco a pouco. E o resto como unha tortilla normal cando vexamos que empeza a callar o ovo dámoslle a volta para que remate de facerse polo outro lado.

Hortalizas e verduras frescas na Praza da Verdura de Vilagarcía

Hortalizas e verduras frescas na Praza da Verdura de Vilagarcía

Se non tes claro que facer de comer estes días anímovos a entrar na sección de receitas da nosa web PrazaVerdura.com

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]