Xa temos Coles de Bruselas na Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

As coles de bruselas son unha verdura de outono que xa podemos empezar a ver polos postos da Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.  O seu sabor e cheiro é característico polo alto contido de azufre que teñen.

Moitas persoas rehusan de comer esta verdura porque acostuma a ser pesada na dixestión pero é unha mala decisión. O que se debe facer é consumir unha cantidade más reducida de esta verdura e acompañala de outros alimentos menos pesados como por exemplo peixe. Ao evitar comer coles de bruselas estamos a desaproveitar todos os beneficios que nos pode aportar esta pequena verdura.

Propiedades beneficiosas das Coles de Bruselas frescas

  • Reduce o risco de cancro: como xa dixemos noutras ocasión cando falábamos do allo que hai estudos que din que as hortalizas e verduras que conteñen azufre axudan a previr a formación de células canceríxenas.
  • Fortalece os ósos: as coles de bruselas teñen un alto porcentaxe de Vitamina K. Esta vitamina  prevén e retrasa o proceso de osteoporose. Esto beneficia sobre todo as mulleres que dan o peito a nenos, mulleres coa menopausia e persoas anciáns en xeral.
  • Sistema inmunolóxico: o consumo periódico desta verdura que contén vitamina C axuda a manter fortes e activadas as nosas defensas.
  • Anti Inflamatorio: reduce os riscos de padecer un problema de corazón ou vascular.
  • Baixa o colesterol: as coles de bruselas conteñen Omega 3 que axuda a eliminar o colesterol e reducir a presión arterial
  • Dixestión: a pesar de que é unha verdura con unha dixestión difícil o seu consumo axuda a evitar problemas de estreñimento e a limpar os riles e fígado.
  • Antioxidantes: a nosa pel, cabelo, ollos … sufren o paso dos anos e os efectos dos rayos UV. As coles de bruselas conteñen antioxidantes que axudan a protexer estas partes do corpo e a retrasar o envellecemento natural.
  • Sistema nervioso: para un correcto funcionamento das nosas conexións nerviosas precisamos o potasio. Un correcto nivel de potasio axuda a controlar algo tan esencial como son os latexos do corazón.
  • Memoria: o potasio tamén axuda ás neuronas do cerebro, retrasando ou evitando a aparición de parkinson e alzheimer .
As coles de bruselas con unha verdura que podes preparar de múltiples formas

As coles de bruselas con unha verdura que podes preparar de múltiples formas

Seguro que me quedan moitas outras vantaxes de tomar Coles de Bruselas periódicamente.

Dende a Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía, anímamosvos a que nos enviedes emails a hola@prazaverdura.com comentandonos as vosas dudas sobre verduras, hortalizas, receitas, temporadas de consumo, temporada de cultivo

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]