Castañas….¿crudas, cocidas ou asadas?

| Publicado por | Categorías: Receitas

Empeza o outono e faise notar nos postos da Praza da Verdura de Vilagarcía,  ofrecendo castañas, producto otoñal por excelencia. Este fruto seco destaca por ter pouca grasa e ser moi rico en hidratos de carbono, proteínas e fibra, ademáis de ser antioxidantes. Pero… ¿crudas, cocidas ou asadas?

A continuación deixamos un par de receitas; aproveitando  a tempada de cogumelos faremos un salteado de cogumelos, zanahorias e castañas, para que coñezades unha forma de comer castaña asada e logo faremos un pudding de castañas para que, neste caso, coñezades unha receita de castaña cocida.

Salteado de cogumelos, zanahorias e castañas

Ingredientes:

  • 300 gr. de cogumelos de temporada
  • 1 chalota
  • 2 zanahorias
  • 12 castañas
  • 1 chorriño de viño branco
  • Allo
  • Tomillo
  • Pementa negra
  • Sal
  • Aceite de oliva Virxen Extra

Saletado cogumelos e castañas

Elaboración:

O primeiro paso a seguir é lavar as castañas e darlle un corte nun lateral, cociñalas en unha sartén ou no forno durante 20 minutos, coidando de que non se pasen. Esperar que enfríen un pouco e pelalas.

Limpiamos ben os cogumelos con un paño, e cortamos a base do pé, si fixese falta. Troceamolas si son moi grandes. Pelamos as zanahorias, cortamos os extremos e troceamos en rodaxas, non moi grosas. Picamos tamen a chalota moi fina.

Quentamos un pouco de aceite nunha sartén e añadimos a chalota e as zanahorias, salpimentamos e salteamos a lume alto hasta que empezen a reblandecer. Engadimos os cogumelos, o allo, o tomillo e un chorriño de viño; esperamos dous minutos para engadir as castañas peladas, tapamos e dexiamos cociñar uns minutos, hasta que vexamos que os vexetais están no punto que queremos.

Pudding de castañas

Ingredientes:

  • 1/2 kg. de castañas
  • 750 ml. de leite enteira
  • 4 ovos
  • 60 gr. de manteiga
  • 80 gr. de azúcar
  • esencia de vainilla

Elaboración:

Primeiro cocemos as castañas en auga uns 10 minutos, para poder pelalas ben. Escurrimos, pelamos e troceamos. Colocamos unha cacerola con leite, manteiga, azúcar e unha culler de esencia de vainilla. Deixamos cocer a lo menos 1 hora a lume moi lento, removendo de vez en cando.

Pasado o tempo, pasamos todo por a batidora hasta que nos quede unha fina crema. Engadimos as xemas dos ovos e mezclamos ben. Cando sea unha pasta homoxénea engadimos as claras o punto de neve y seguimos batendo para que non perda exponxosidade.

Vertemos a mezcla nun molde para forno, previamente untado con un pouco de manteiga. Metemos ó forno durante 1 hora a 180 graos. Unha vez pasado o tempo, deixamos que se enfríe, demoldamos e listo para comer!

Pudding de castañas

 

Temos unha boa cea para un frío día de outono.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]