Coliflor para a Noiteboa

| Publicado por | Categorías: Receitas

Acheganse as Navidades e hai que ir pensando en que imos preparar para a cena de Noiteboa. Aproveitando a temporada de coliflor, que podemos atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía,  vamos  ca receta de un clásico, bacallau con coliflor.

Bacalao con coliflor

Ingredientes:

  • 800 gr. de bacallau (4 lomos de 200 gr)
  • 1 coliflor mediana
  • 4 patacas medianas
  • 1 cebola
  • 6 dentes de allo
  • 1/2 vaso de aceite de oliva
  • 1 cucharadiña de pementón dulce
  • 1 cucharadiña de vinagre
  • Auga
  • Sal

Elaboración:

Primeiro debemos desalar os lomos de bacallau durante 48 horas, coa pel hacia arriba.

Empezamos por ferver a auga nunha cacerola con un pouco de sal, añadimos a coliflor (xa limpa e pelada) en 4 trozos, a cebola en dúas metades e as patacas en 4 trozos grandes.

Transcurridos 15 minutos de fervor, añadimos os lomos de bacallau e deixamos ferver outros 5 minutos máis.

Servimos o bacallau, a coliflor e as patacas, esparcindo a allada por encima.

Preparación da allada:

Cortamos os allos en láminas e doramolos.

Retiramos a sartén do lume, deixamos enfríar e añadimos o pementón dulce e un chorriño pequeno de vinagre.

Mezclamos todo o conxunto e deixamos repousar, para que os restos de pementón queden no fondo.

Bacalao con coliflor

E xa temos lista a nosa cea de Noiteboa, as verduras necesarias podemolas atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía, ben fresquiñas para esta noite tan especial.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]