Crema de chícharos

| Publicado por | Categorías: Receitas

Ingredientes:

  • 500 gr. de chícharos
  • 1 cebola
  • 1litro caldo de carne
  • 2 ovos cocidos
  • 100 gr. xamón curado
  • Aceite de oliva Virxe extra
  • Sal

Elaboración:

O primeiro paso a facer será sacar os chícharos das súas vainas, algo moi sinxelo non??

Nunha cazola botamos un chorro de aceite, no que fritimos a cebola cortada en xuliana ata que se poña dourada, engadimos os chícharos, refogamos e engadimos o caldo de carne.

Deixamos cocer uns 20 minutos e pasamos todos pola batidora.

Pasamos a crema por un colador, para evitar grumos. Engadimos os ovos codidos e o xamón, cortados en taquiños.

Con esta receta damos a benvida a tempada de chícharos, que podedes atopar estos días na Praza da Vedura de Vilagarcía.

chicharos na Praza da Verdura

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]