Tomates recheos

| Publicado por | Categorías: Receitas

Ingredientes:

  • 5 tomates grandes
  • 2 cebolas
  • 200 gr. gambas peladas
  • 300 gr. peixe sapo
  • olivas sen oso
  • aceite de oliva
  • 5 lonchas finas de queixo

Elaboración:

Os tomates, unha vez lavados, cortamoslle unha tapa pola parte superior, con unha culler baleiramolos con moito coidado, para non rompelos. Reservamos a pulpa.

Nunha fonte de forno, poñemos os tomates baleiros, botámoslle un chorriño de aceite a cada un, e metémolos no forno durante doce minutos.

O recheo facémolo nunha tixola, na que poñemos o aceite, a cebola moi picada,a pulpa do tomate, as gambas peladas e o peixe sapo, cortado en dadiños, engadimos as olivas tamén ben picadiñas. Deixamos que se faga a lume baixo, cando esté listo, echemos os tomates, tapamos cada un deles con unha lonhcha de queixo e metémolos ó forno ata que se funda.

Xa temos lista unha boa cea, combinando verdura con peixe de unha forma orixinal.

Na Praza da Verdura de Vilagarcía, atoparedes uns tomates grandes e frescos, producto da nosa terra.

tomates recheos

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]