Chips de hortalizas ó forno

| Publicado por | Categorías: Receitas

Ingredientes:

  • pataca
  • cabaza
  • pepino
  • aceite oliva
  • sal

Elaboración:

Pelamos as hortalizas e cortámolas en láminas, como de un centímetro de grosor. Canto máis grosas máis tardarán en cociñarse.

Colocamolas nunha bandexa do forno, forrada con papel especial para forno. É importante que non  queden amontoadas. Regámolas con un pouco de aceite de oliva e sal.

Metemos no forno durante 20 minutos a 230 graos. Retiramos e listos para comer.

Xa temos un aperitivo sano e rico.

As hortalizas pódense cambiar porque calquer outras que vos queirades. Xa sabedes que na Praza da Verdura de Vilagarcía atoparedes gran variedade delas, e non deixan de ser productos das nosas terras.

Esta receita axudaravos a levar a cabo un dos consellos que demos o mes pasado para comezar a comer máis sano.

chips de hortalizas

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]