Tallaríns de calabacín

| Publicado por | Categorías: Receitas

Ingredientes:

  • 4 calabacíns
  • 4 tomates
  • 2 lonchas de xamón serrano
  • 80 gr. queixo parmesano
  • 40 gr de piñóns
  • 1 dente de allo
  • aceite de oliva
  • sal
  • pementa

Elaboración:

Lavamos e cortamos os calabacíns en láminas moi finas, evitamos a parte central das semillas.

Cortamos o xamón en tiras, tamén moi finas, mentres doramos os piñóns nunha sartén, tendo coidado de que non se nos queimen.

Lavamos os tomates e cortámolos en dados, teremos que pelar e picar o dente de allo, o queixo tamen o cortaremos e lascas finas.

En unha sartén grande, poñemos aceite a quentar, engadimos as láminas de calabacín e dorámolas a lume alto durante 2 minutos, removendo contiuamente.

Incorporamos o allo, os dados de tomate, sazonamos con sal e pementa e cociñamos durante 1 minuto máis.

Apagamos o lume, espolvoreamos a albahaca picada, engadimos o xamón e mezclamos todo.

Unha vez servido no prato, rocíamos con aceite de oliva e acompañamos co queixo.

Bo proveito!!

Tallaríns de calabacín con piñons

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]