CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓN EN XERAL

Artigo 1º

Coa denominación “Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa”, constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

Artigo 2º

A asociación rexerase por estes estatutos, pola Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e pola demais lexislación existente en materia de asociacións, que lle sexa aplicable.

Artigo 3º

O domicilio da asociación establécese no concello de Vilagarcía de Arousa (CP 36611- Pontevedra).

Artigo 4º

A asociación exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra.

 Artigo 5º

A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral Extraordinaria ou polas cousas previstas na lexislación vixente.

Artigo 6º

A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución en no resto do ordenamento xurídico.

Artigo 7º

Son fins principais da asociacion:

a) Representar, defender e promocionar os intereses comúns dos seus asociados.

b) Establecer servizos comúns para todos os socios.

c) Divulgar os beneficios para a saúde derivados do consumo de produtos hortícolas, informando sobre as súas cualidades nutricionais e promocionando o seu consumo.

d) Colaborar con aquelas entidades privadas ou organismos públicos que persigan uns obxectivos comúns cos desta asociación.

Artigo 8º

Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades:

a) Campañas, programas e estudos acordes aos obxectivos da asociación.

b) Formación dos seus socios.

c) Proxectos de difusión, publicidade e promoción.

d) Colaboración con outros organismos ou entidades que coincidan cos fins da asociación.

Artigo 9º

Os ingresos e beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ó cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.

CAPÍTULO II: DOS ASOCIADOS

Artigo 10º

Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar, que non teñan débedas pendentes coa asociación e vendan produtos hortícolas na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa; a tales efectos, enténdense por productos hortícolas os legumes, as verduras, as hortalizas, as froitas e os demais productos de cultivo tradicional no agro galego.

Artigo 11º

Os acordos de admisión de asociados tomaraos a Xunta Directiva, unah vez recibida a petición oral ou escrita, da persoa que desexa ser admitida.

Artigo 12º

Dentro da asociación poderán existi-las seguintes clases de asociados:

a) Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional.

b) Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.

c) Honorarios, aquelas persoas que , a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ó desenvolvemento dos fins da asociación.

Artigo 13º

A condición de asociado pérdese:

a) Por vontade propia.

b) Por falta de pago de seis (6) cotas.

c) Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente ós intereses da Asociación, previo expediente disciplinario, con audiencia do interesado.

d) Por falecemento.

A expulsión de asociados nos supostos dos apartados b) e c) será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.

Artigo 14º

Os asociados teñen os seguintes dereitos:

a) Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exerce-lo dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos.

b) Ser informados da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade.

c) Ser óido con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el e ser informado dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo qu, no seu caso, impoña a sanción.

d) Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou ós estatutos.

e) Os asociados honorarios están facultados para asistir ás asembleas xerais con voz, pero sen voto.

Artigo 15º

Son obrigas dos asociados:

a) Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.

b) Pagar as cotas que se establezan.

c) Desempeñar os cargos para os que foron elexidos.

d) Acatar e cumprir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación.

e) Acatar o contido dos estatutos.

CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

Artigo 16º

A dirección e administración da asociación serán exercidas polo Presicente, a Xunta Directiva ea Asemblea Xeral.

Artigo 17º

O Presidente da asociación será designado pola Asemblea Xeral entre os asociados e o seu mandato durará catro (4) anos. Será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que o substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.

Artigo 18º

O Presidente terá as seguintes atribucións:

a) Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado.

b) convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva, presidir as sesións da Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, e dicidir con voto de calidade, no caso de empate.

c) Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.

d) Ordenar os pagamentos acordados válidamente.

e) Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.

Artigo 19º

A Xunta Directiva estará formada polo Presidente da asociación, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e un Vogal.

Artigo 20º

Todos os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuíta, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económino nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

Artigo 21º

A Asemblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de catro (4) anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.

Artigo 22º

Os cargos cesarán na súa función por:

a) Falecemento.

b) Renuncia voluntaria.

c) Transcurso do prazo para o que foron elixidos.

d) Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por dous terzos (2/3) dos asociados reunidos en Asemblea Xeral extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 23º

No suposto c) do artigo anterior, os membros da Xunta Directiva que esgotasen o prazo para o cal foron elexidos continuarán ostentando os seus cargos ata o momento en que s produza a efectiva aceptación dos que os substitúan.

Artigo 24º

As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ata a elección definitiva pola Asemblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por tres (3) persoas, que exercerán as funcións de Presidente, Secretario e Tesoureiro.

Artigo 25º

A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións:

a) Programar e dirixir as actividades asociativas.

b) Levar a xestión asministrativa e económica da asociación.

c) Someter a aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior.

d) Convocar e fixar a data da Asemblea Xeral.

e) Establecer a contía inicial das cotas ordinarias, propoñer a Asemblea Xeral a modificación da contía das cotas ordinarias e a fixación de cotas extraordinarias.

f) Designar as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación.

g) ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.

h) Resolver sobre as solicitudes de ingreso de novos asociados.

i) Propoñer o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas.

l) Resolver os procedementos disciplinarios que se instrúan.

m) Aquelas que non veñan atribuídas expresamente á outro órgano da asociación.

Artigo 26º

A Xunta Directiva será convocada polo Presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñenentes.

Artigo 27º

.Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, da metade máis un dos sus membros e, en todo caso, do Presidente ou Vicepresidente e o Secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 28º

O Secretario, ou no seu defecto, o Vogal qeu o substitúa, levantará acta das sesións, que se transcribirá ao libro de actas

Artigo 29º

Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituír, co fin de delegar en las a preparación de determinados actos ou actividades, ou de acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das ditas comisións o número de asociados que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus resptectivos presidentes.

Artigo 30º

A Asemblea Xeral de asociados é o órgano de expresión de vontade da asociación e estará formada por tódolos integrantes desta.

Artigo 31º

O Presidente e o Secretario da Asemblea serán o Presidente e o Secretario da Xunta Directiva.

Artigo 32º

A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou cando o solicite un número de asociados non inferior ao dez por cento (10%). Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ao Presidente, autorizado coas sinaturas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.

Artigo 33º

Tanto a Asemble aOrdinaria como a Extraordinaria serán convocadas con quince (15) días de antelación polo Presidente da Xunta Directiva. A notificación das Asembleas Ordinarias farase mediante anuncios expostos en lugares públicos e visibles da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa, e a notificación das Asembleas Extraordinarias farase no domicilio dos asociados.

Artigo 34º

Serán competencia da Asemblea Xeral Ordinaria:

a) Aprobar o plan de actividades.

b) Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.

c) Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.

d) Examinar e aprobar a modificación das cotas ordinarias e a fixación de cotas extraordinarias.

Artigo 35º

Serán competencia da Asemblea Xeral Extraordinaria:

a) Modificar os estatutos da asociación.

b) Elexir e cesar os integrantes da Xunta Directiva

c) Aprobar a federación con outras asociacións

d) Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.

e) Acordar a disolución da asociación.

f) Designar os liquidadores.

g) Ratificar a expulsión de asociados a proposta da Xunta Directiva.

h) Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación.

i) Aprobar o regulamento de réxime interno da asociación.

l) As que sendo de competencia da asemblea ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación.

m) Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordianria ou a Xunta Directiva.

Artigo 36º

A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados na primeira convocatoria ou calquera número de asistentes transcorrida media hora en segunda convocatoria pero, en todo caso, coa presenza do ^Presidente ou Vicepresidente e o Secretario ou persoa que o substitúa.

Artigo 37º

Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos ós apartados a) ó g) do artigo 35º, que requirirán marioía de dous terzos (2/3).

A continuación levaránse os acordo ao libro de actas e asinaro o Presidente e o Secretario da Asemblea.

A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xerál e aprobada pola marioría dos membros presentes.

Artigo 38º

Os acordos adoptados conforme ós preceptos anteriores obrigarán a tódolos asociados, incluso aso non asistentes.

Artigo 39º

As sesións abriranse cando así o determine o Presidente. Seguidamente procederase por parte do Secretario á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser arpobada. Posteriormente, o Secretario procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ao debate e aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate.

Artigo 40º

Os acordos que vaian cotnra estes estatutos ou infrinxan os fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

Artigo 41º

O Secretario recibirá e tramitrará as solicitudes de ingreso, levará o rexistro de socios e terá ó seru cargo a adirección dos traballos administrativos da asociación. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do presidente. O Secretario, no seu caso, tamén levará  o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto.

Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do Secretario, o Vogal desenvolverá esta función.

Artigo 42º

O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances.

Artigo 43º

O Tesoureito ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da asociación nos quince (15) días anteriores á celebración da asemblea ordinaria.

Artigo 44º

O Vogal terá as seguintes atribucións:

a) Realizar programas e propostas na súa área de actuación.

b) Substituir ao Secretario nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade deste.

c) Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

CAPITULO IV: RÉXIME ECONÓMICO

Artigo 45º

No momento de iniciar as súas actividades a asociación carece de patrimonio.

Artigo 46º

O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.

Artigo 47º

A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos.

Artigo 48º

O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoureiro da asociación, que deberá telo preparado antes do 1 de xaneriro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.

Artigo 49º

A asociación manterase dos seguintes recursos:

a) As cotas periódicas dos asociados

b) As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.

c) As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.

d) Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.

e) Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.

Artigo 50º

A Xunta Directiva aprobará a cotía inicial das cotas ordinarias, e a Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará a modificación das cotas ordinarias e as cotas extraordinarias, que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase integramente a atender as necesidades da asociación.

Artigo 51º

Anualmente, con referencia ó último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos asociados, durante un prazo non inferior a quince (15) días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas.

Artigo 52º

Para a disposición de fondos das contas que a a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do Presidente e Tesoureiro.

Artigo 53º

Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os asociados os recursos obtidos pola asociación.

CAPITULO V: DO REGULAMENTO DO RÉXIME INTERNO

Artigo 54º

O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ó ordeamento xurisdicional civil.

CAPITULO VI: MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN

Artigo 55º

Os estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas dúas terzas (2/3) partes dos asiciados. A proposta de convocatroria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas.

Artigo 56º

A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados adoptado polas dúas terzas (2/3) partes dos asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto.

Artigo 57º

Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extaordinaria designará tres (3) asociados liquidadores, que xunto o Presidente e o Tesoureiro, procederán para efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.

Artigo 58º

O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación. O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder a inscrición da disolución da asociación.

 

Vilagarcía de Arousa a 15 de Decembro de 2014