Quen somos

Cargando…
  • Productos frescos de temporada

    Productos frescos de temporada

    As vendedoras levan as hortalizas da terra á Praza da Verdura sen intermediarios

  • Frescos e de Calidad na Praza da Verdura

    Frescos e de Calidad na Praza da Verdura

    Calidade e cantidade nas hortalizas que venden as labradoras de Vilagarcía

  • Variedade de Hortalizas e Legumes na Praza da Verdura

    Variedade de Hortalizas e Legumes na Praza da Verdura

    As nosas vendedoras sementan e recollen elas mesmas os productos que venden na Praza de Vilagarcía

Productos frescos de temporadaFrescos e de Calidad na Praza da VerduraVariedade de Hortalizas e Legumes na Praza da Verdura

O 15 de Decembro de 2014 crease a “Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa”. Esta asociación créase co fin de defender, protexer as vendedoras da praza e promover a compra de verduras, legumes, frutas e hortalizas frescas en Vilagarcía de Arousa. Nun principio crease esta asociación para defender o dereito de tódalas placeiras a un lugar onde vender os seus productos. Un lugar que se leva utilizando dende fai máis de 50 anos e nos últimos tempos estuvo en perigo de desaparecer.

Obxectivo da Asociación de Vendedoras

Despois de coordinar e conseguir o obxectivo principal de esta asociación de vendedoras, que era que non se tirará a Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa, a asociación continúa coa intención de mellorar a situación das vendedoras desta asociación. Para elo queremos promocionar e promover a compra directa de productos frescos das nosas hortas. O trato que vas a recibir na Praza da Verdura de Vilagarcía será personalizado, xa que para os nos os nosos clientes non son un número como nas grandes áreas comerciais. Se non que nos preocupamos pola calidade, polos seus gustos e as súas necesidades específicas de alimentación. Na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa este ano 2016 celebramos as nosas bodas de ouro e non queremos que este ano sexa un máis na nosa praza. Vamos intentar achegarnos ainda máis as persoas que se acercan a mercar a Praza de Vilagarcía, facilitándolle as compras, dándolle a conocer outras formas de comer máis saludables e divertidas …

Importancia da Praza da Verdura para Vilagarcía

A Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa non só beneficia as Vendedoras da Praza senón que tamén beneficia ao Concello. A Praza de Vilagarcia é un reclamo turístico, xa que é única en toda Galicia. En ningunha das outras prazas poderás atopar un producto local de tanta calidade nin a tantas vendedoras que son á súa vez productoras das súas propias legumes e verduras. Por este motivo son moitos os turistas de Madrid, Barcelona, Valencia, Andalucía, .. que se achegan a ver a Praza durante as súas vacacións e tomar fotos para o recordo. As sementes que prantan moitas das nosas labradoras son en ocasións sementes de procedencia familiar que van gardando durante xeracións temporada tras temporada como se facía antes, recollendo as sementes dos mellores productos. Esta recolección e selección de sementes garanten unha calidade e sabor único dos productos do Salnés. As vendedoras que forman parte da “Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa” son todas mulleres da zona. As súas fincas están ubicadas na zona do Salnés (Vilagarcía, Vilanova, Cambados …) garanten que sexan productos frescos que non sofren largas horas de transporte nin cámaras frigoríficas.

O logotipo da Praza da Verdura

O deseño do logotipo da Asociación de Vendedores de Productos Horticolas da Praza da Verdura de Vilagarcía foi feito por uns artistas locais asíduos á Praza da Verdura.

Estes artistas son Marthazul e Augusto Metztli, estamos moi agradecidos polo cariño e tempo dedicado a este logo que nos define á perfección.

Neste link poderedes ver o proceso de creación do noso logo.

Proceso de deseño logo Praza da Verdura