Gran éxito do obradoiro de ensaladas para nenos

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Os protagonistas da xornada na Praza da Verdura foron

Nenos, Legumes, Froita e a Alimentación sá

Dende a Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa estamos intentando dar a coñecer tódalas posibilidades que ten a Praza da Verdura.

Non só somos unha asociación que queremos potenciar a compra na Praza senón que queremos dar a coñecer os nosos productos, os seus sabores. Incentivando as xeracións máis novas mostrándolle que os productos da terra tamén teñen sabor e non só os envasados.

Para esto organizamos obradoiros nos que os protagonistas son as legumes, verduras, froitas, … e como non os nenos.

No día de onte tivemos obradoiro de ensaladas promocionando a alimentación saudable dos nosos nenos. Estes obradoiros realizaronse de forma gratuíta para todos os asistentes.

Neste obradoiro os máis pequenos podían elexir 5 ingredientes, entre todos os que tiñamos alí preparados e lavados, para formar a súa ensalada para levar para a casa. Ensaladas que axudarán a fomentar unha alimentación sá entre os máis pequenos.

Outro factor era que os pequenos e maiores viran que era moi fácil preparar comidas saudables e sabrosas sen ter que cociñar ou tardar moito tempo.

Dende a Asociación estamos seguros que a sinxeleza e os sabores das ensaladas feitas cos productos das nosas terras axudarán a máis de un a aumentar o consumo de legumes e froitas.

Os productos destes obradoiros son donados polas vendedoras da asociación da Praza da Verdura.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]