Crema de Cabaza
Ingredientes:
- 300 gramos de cabaza limpa
- Unha pataca pequena
- Unha cebola pequena
- Un par de pastillas de caldo de polo
- 300 ml de auga
- 50 ml de aceite de oliva virxen
Preparación da Crema de Cabaza:
Comezaremos limpando a cabaza, quitándolle a cáscara e a parte branda do centro onde están as sementes. Unha vez a temos limpa temos que troceala cortándoa en dados. Despois pelamos e lavamos a pataca e a cortamos da mesma forma que fixemos coa cabaza. Finalmente pelamos a cebola e a picamos en dados dun grosor similar ao resto de ingredientes.
Poñemos a quentar unha ola de bo tamaño, co aceite de oliva virxen, e unha vez esté quente botamos a cebola troceada e a sofreímos ata que empece a cambiar de cor. Nese momento engadimos a pataca e a cabaza troceadas, removemos ben e botamos o caldo de polo, o cal podemos facelo diluindo as pastillas na auga ou ben usar un caldo de polo caseiro ou comprado xa feito, incluso pode ser de verduras se o preferes.
Quentamos a temperatura alta ata que o caldo empece a ferver, entón baixamos a intensidade á metade e mantemos así sobre 25 ou 30 minutos, ata que a verdura quede ben brandiña. Unha vez esté branda usaremos unha batidora para bater todo o contido da ola ata deixalo ben batido formando unha crema homoxénea sen trozos. Correximos o punto de sal e mantemos uns minutos máis a temperatura suave antes de apartar a ola do lune. E xa podemos servir en quente esta crema de cabaza ou ben reservala ata a hora de comer.