Productos de temporada: unha forma de comer variado e económico durante todo o ano.
A natureza é unha gran mestra e eso sabémolo por experiencia como labradoras e vendedoras de productos hortícolas, legumes e froita.
A natureza é sabia
Cando chega o outono o corpo precisa de alimentos pouco calóricos para poder afrontar a baixada de ritmo da nosa vida cotiá. Porque temos que recoñecer que coa chegada do frío xa non apetece tanto andar senon que preferimos quedar na casa e sentar no sofá.
No verán o corpo actívase, xa que nos movemos máis e apetécenos sair mais. Por iso precisamos productos máis calóricos e ricos en auga para soportar estas longas horas de actividade.
Ademáis no inverno temos que facer fronte as temidas gripes e resfriados polo que os productos de temporada de outono e inverno acostuman a ser hortalizas e legumes máis cargadas de vitaminas e en moitos casos tamén son desconxestivos.
Hoxe en día na Praza da Verdura de Vilagarcía moitas das nosas vendedoras posuen un invernadeiros polo que podes atopar moitas das hortalizas e legumes en calquer época do ano coa calidade de ser un producto producido nas nosas hortas e que non pasa por cámaras frigoríficas.
Estamos no outono, que temos para comer de temporada
Agora que comezamos a temporada fría do ano, na Praza da Verdura empeza a verse cada vez mais os ansiados repolos, acelgas, puerros, grelos, nabizas, nabicol, xenos, castañas, noces, …
Todos estes productos pódense empregar en receitas quentes: sopas, cremas, purés, caldos, cocidos, …
Este tipo de comidas axudan a soportar as baixas temperaturas e manter o calor corporal. As vitaminas que teñen estes productos de temporada axudan a que as nosas defensas non baixen a garda ante a presenza de microbios e virus.
Máis motivos para comer hortalizas de temporada
Os productos de temporada (legumes, hortalizas, verduras e froitas) teñen un prezo moito máis barato durante os meses de temporada.
Este é outro motivo para “comer de temporada “ xa que sae moito mais a conta tanto para a nosa saúde como para a nosa carteira.
¡¡Non o penses máis e comeza a aforrar comendo de forma saudable e rica durante todo o ano.!!!
Esperámoste na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa todos os martes e sábados. Se queres tamén podes facer reserva de productos ou simplemente contactarnos no email hola@prazaverdura.com. Estaremos encantadas de atendervos e aconsellarvos ante as vosas dúbidas como merecedes.