Coa chegada do outono e inverno nos só cambiamos a roupa do armario senón que tamén mudamos a forma de comer. Procuramos comidas quentes, cheas de vitaminas e fibra coas que combater o frío que se mete no corpo e os virus da gripe.
Sopa de Verduras frescas con productos da Praza de Abastos
Ingredientes:
- Xudias verdes
- Cabaza
- Cenoira
- Brócoli
- Coliflor
- Calabacin
- Apio
- Puerro
- Repolo
- Cebola
- Allos
- Algo de grasiña: xamón, polo, agua de caldo, … ou senón unha pastilla de caldo
- Aceite de oliva virxe
Elaboración da Sopa de Verduras:
As cantidades de verdura, legumes e hortalizas non as poñemos porque cada un gústalle a sopa de forma diferente. Algunhas persoas prefiren que sexa mais ben auga e outra xente prefire comer contundente só coa sopa. Así que as cantidades máis ben a ollo que de seguro vos vais sair igual de sabrosa.
Primeiro deberemos saber se vas a utilizar pastillas ou caldo x afeito para a grasiña se é así comezaremos picando todas as veduras, incluidas a cebola e o allo e mételas nunha ola.
Despois procedemos a botarlle auga ata cubrir e inda sobrepasar un pouco as verduras e legumes e engadimos un chorriño de aceite virxe extra.
Non deberemos pasarnos botando o aceite xa que o que vamos botar algo para darlle unha grasiña e sabor extra.
Se vamos utilizar ósos de polo ou galiña o mellor é que os metamos nunha bola para facer caldo ou nalgún instrumento ou bolsa na que os osos non se poidan sair e quedar no medio da nosa sabrosa sopa. Tamén será o primeiro que deberemos poñer a cocinar e aos 15 minutos engadir as verduras.
Unha vez comece a ferver as verduras, legumes, … xunto coa grasiña deberemos baixar a potencia un pouco e deixar ferver uns 20 minutos.
Se queres podes engadir nos últimos 5 minutos algún tipo de pasta fina (fideos, piñons, cus cus, …) Pero asegúrovos que está boísima sen ter que engadir nada máis.
E así de sinxelo é facer unha comida sobrosa e quente con productos de temporada que podes atopar na Praza da Verdura. Ahh… e moi económica xa verás, porque comer de temporada axuda aos nosos petos.
Esperámoste na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa os martes e sábados. Se o prefires podes facer a reserva dos teus productos a través do e-mail hola@prazaverdura.com, así non terás problema de quedar sen algún dos ingredientes de esta rica sopa con productos de temporada.
E se non che gusta a sopa pregunta as vendedoras que sabemos mil e unha recetas diferentes que facer cos productos que vendemos na Praza da Verdura.