O pasado 14 de outubro foi o Día Mundial das Froitas e as Verduras. Como ocorre con moitos acontecementos hai que poñer unha data para recordalos porque son novidade.
Por desgraza comer froita, verduras e legumes tamén é unha novidade. Segundo varios estudos hai persoas que non comen ningunha clase de verdura, hortaliza ou froita durante o día e moi poucas chegan a comer a cantidade de 5 ao día.
O máis preocupante é que os nenos herdan os hábitos dos maiores e tamén lles parece algo normal non incluir estos productos na súa alimentación.
Dende a Asociación non queremos que comer froita e verdura sexa unha moda pasaxeira e que se faga un só día ao ano. As costumes e alimentación dos máis pequenos comeza na casa, axúdaos a crecer de forma saudable.
Hai que comer 5 verduras ó día para unha dieta equilibrada
Si estamos seguros que todos sabemos a teoría, pero… ¿cantos a levamos á práctica?.
Sorprendenos moitas veces escoitas a persoas que veñen á Praza da Verdura cando nos din que non veñen moito a mercar á Praza de Abastos porque na súa casa non lles gusta o “verde” (nin verduras, nin legumes, nin hortalizas, nin froita).
Esto fainos pensar que estamos nunha sociedade que preferimos curar que previr as enfermidades. Cando nos doe a barriga por exemplo o médico danos unha pastilla e despois dinnos que comamos mais verdura e productos con fibra. Consello que nos acorda mentras nos doe pero non perdura no tempo.
Previr mellor que curar
Comer 5 verduras ó día é moito máis doado do que pensas. Non tes que comer cousas que non che gustan como poder ser o máis común: brócoli, puerro, espinacas, …
As labradoras da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa sabemos por experiencia que existen moitas clases de verduras, legumes e hortalizas diferentes durante todo o ano.
No mes de outubro que nos atopamos por exemplo na Praza da Verdura de temporada poderás atopar: Acelga, allo, alcachofa, berenxena, calabacín, cabaza, setas, grelos, cebolas, lombarda, coliflor, escarola, verdura redonda, verdura lorena, repolos de corón, espinacas, fabas, xudía, leituga, pepinos, pementos, puerros, remolacha, cenoiras, tomates, patacas, … E de froitas: caquis, granadas, limóns, mandarinas, mazás, peras, kiwis, ….
Non me digades que non tedes variedade para comer e que non vos gusta nada. Tedes verduras e legumes frescas para facer comidas quentes como purés e sopas, ou comidas frias como ensaladas, zumes, macedonias, …
Atrévete a probar o doado que é comer saudable e verás como o teu corpo cho agradece. Podes comer 5 verduras ó día de forma variada sen aburrirte.
Fai a proba e comeza a comer saudable dende hoxe. Ven á Praza da Verdura de Vilagarcía e deixate aconsellar por nos, as labradoras.