Ainda que o sol non nos abandonou de todo o frío faise notar pola tarde – noite. Así que o mellor é combatilo con ceas saudables, quentes e cheas de vitaminas e fibra para combater as gripes, catarros e mocos habituais desta época.
Esta receita además de comer rico e saudable vaiche compensar no peto, xa que as verduras, hortalizas e legumes utilizadas son todas de temporadas.
Estofado de temporada con productos frescos das vendedoras da Praza da Verdura:
Lista de ingredientes:
• 300 gr de garavanzos xa cocidos
• 300 gr de xudía branca xa cocida
• 300 gr de lentellas xa cocidas
• 400 g de cabaza
• 2 puerros
• 1 cebola
• 2 dentes de allo
• 1 cenoira
• 2 tomates
• 1 folla de loureiro
• 1 cucharadiña de pimentón vermello doce
• 1,5 l de caldo de polo, verduras ou auga mineral
• Aceite de Oliva Extra Virxe
• Sal e pementa
Elaboración:
Escurrimos as legumes (xudías, lentellas e garavanzos), pasámolas por auga fría e reservamos.
Cortamos a cebola en xuliana, picamos os allos, pelamos e cortamos en rodas as cenoiras e os puerros, e cortamos a dados os tomates.
Nunha ola facemos o sofrito co aceite de oliva virxe, para iso incorporamos a cebola, a cenoira, os allos e os tomates.Deixamos caramelizar todo e rectificamos de sal ata que xá esté feito. Unha vez que comprobamos que as hortalizas están cocidas pasámolas pola batidora.
Engadimos neste sofrito o pementón vermello doce e deixamos cociñar un par de minutos máis e introducimos as legumes. A continuación, mollamos con caldo de polo o auga mineral, engadimos a cabaza e a folla de loureiro, e esperamos a que ferva.
Deixamos ferver a lume lento uns 25 minutos e rectificamos o sal ao final, se fose necesario.
A min xa me meteu envexa esta receita, un estofado quente con verduras e legumes de temporada. Achégate e ven a coñecer todos os productos que che podemos ofrecer as vendedoras da Praza da Verdura.
Se non tes moito tempo para facer as compras podes facer a reserva dos teus productos a través do e-mail hola@prazaverdura.com e pasar a recoller a túa cesta xa preparada pola praza da verdura, calquer martes ou sábado.