De seguro que se tendes pequenos pola casa nestes días estaranvos a pedir que lle merquedes cabazas para levar á escola para o «Halloween». Como ocorre en moitos lugares do mundo as tradicións americanas impóñense moitas veces á nosa cultura
Dende hai un tempo para acá en moitas escolas e nos dende as nosas casas estámoslle enseñando aos nenos que na Galiza tamén tiñamos unha festividade chamada o Samaín que ten orixe Celta.
Na noite do 31 de outubro era cando os celtas celebraban o seu ano fin de ano e ano novo. Crían que aquí se remataba o verán e comezaba o inverno de verdade. Nesta noite era costume preparar cousas quentes e comida abundante.
Esto tiña un motivo e era que os mortos podían achegarse ao mundo dos vivos a visitar aos seus familiares unha sóa noite ao ano. Para que non se perderan deixabanse luces nas portas das casas para que topasen o camiño de forma doada. Agora acostumamos a vaciar cabazas e introducir dentro velas ou luces para iluminar as caras e formas que esculpimos nelas.
Pero as festividades nos tempos de antes non se marcaban así como así senón que moitas xiraban entorno a agricultura que era o sustento de moitas familias e unha parte moi importante da economía local.
Nesta época era cando se notaba o cambio de alimentación na xente e como os cultivos se adaptaban para poder soportar o frío do longo inverno que lles viña por diante.
Todo o que podo facer cunha cabaza
As cabazas teñen moitas propiedades e formas de aproveitalas.
As pipas de cabaza

As pipas de cabaza son moi saudables e un entretemento para as tardes de chuva de grandes e pequenos
En primeiro lugar ¿a quen non lle gustan as pipas de cabaza? As pipas de cabaza teñen unha gran cantidade de magnesio que axuda aos nosos osos e vasos sanguíneos. Algo saudable para picar entre horas mentras estamos na casa estas tardes longas de chuvia.
Estes días de vaciar cabazas aproveita a coller todas as que poidas. Logo debes extendelas e deixalas secar ben durante uns días engadindolle sal por riba, se houbese sol, mellor que mellor.
Unha vez secas debes tostalas para iso podes usar unha tixola sen deixar de remover ou extendelas nunha bandexa de forno e deixalas dentro uns 50 minutos a 125º C.
Despois gardas nun bote hermético e xa tes pipas para comer durante unha temporada.
Carne de cabaza

A cabaza ten moi poucas calorías e moitas vitaminas para o noso corpo
A cabaza é unha hortaliza que se cultivan nas nosas terras con unha chea de propiedades beneficiosas para o noso corpo.
- Ten vitaminas antioxidantes A, C e E
- Ten un efecto diurético para as persoas que teñen problemas para ir ao baño e orinar
- Ten fibra, que axuda aos nosos intestinos a funcionar
- Regula a glucosa no sangue
- Ten poucas calorias
Proba a facer ricas Cremas de Cabazas ou Chulas, verás que ricas están e comprobarás todos os beneficios que teñen para o corpo.
Corpo da cabaza

As cabazas como no porco aproveitase todo pregunta as vendedoras da Praza da Verdura
Os nosos avós e antepasados non tiñan as posibilidades que temos hoxe en día de mercar envases. Por este motivo usaban o inxenio e viron que as cabazas poden secarse e gardar dentro delas líquidos sen medo a que se derramasen.
O secado da cabaza en un proceso lento que pode levar varios meses dependendo do tamaño e da humidade ambiental.
Debes vaciar por enteiro a cabaza e deixala secar ao aire libre nun lugar seco e se pode ser perto dunha lareira ou cociña mellor. Terás que lembrar de ir dandolle voltas cada certo tempo para que non pudra na parte que está apoiada.
Como podedes ver na Praza da Verdura de Vilagarcía non só vendemos verdura e hortalizas para comer. Senón que tamén vendemos entretemento para os pequenos (cabazas para facer caras de samaín) e futuros obxetos decorativos ou utensilios de cociña.
Pregúntanos as vendedoras e labradoras da Asociación da Praza da Verdura sobre todo o que podes facer con as Cabazas cultivadas nas nosas hortas do Salnés.
Achégate cos nenos nestes días e escollede a cabaza que mais vos gusta para decorar. Pasaredes un tempo divertido mentras xogades e a decorades e despois podes mostrarlle aos mais pequenos os pratos ricos e saudables que se poden preparar co resto da cabaza.