Ingredientes para facer un Guiso de Lentellas
- 375 gramos de lentellas
- 1 pemento verde
- 1 cebola
- 1 cenoira
- 1 pataca mediana
- 1 tomate
- 2 dentes de allo
- 100 gramos de chourizo
- 5 culleradas de aceite de oliva
- 1 culler pequena de pementón doce
- 1 litro e medio de auga
- Sal
- 1 folla de loureiro

As legumes teñen un gran aporte de fibra e vitaminas para o noso corpo
Elaboración
- Enxagua ben as lentellas e botas nunha ola grande con auga.
- Dalle un corte na punta ao pemento e botao na ola xunto coas lentellas. Engade tamén o tomate, a folla de loureiro, unha culler pequena de sal e a cullerada pequena de pementón.
- Trocea a pataca e bota na ola. Corta a cenoira a taquiños e engadea coas lentellas. Despois corta o chourizo en rodas e botao na ola.
- Mentras se fan as lentellas podemos preparar o sofrito. Así que pinta a cebola e corta os allos.
- Pon a quentar unha tixola co acete e engade a cebola e os allos troceados. Deixa a lume medio ata que se pochen e collan algo de cor.
- Pon o sofrito no vaso da batidora e engade medio vaso de auga. Bate durante un minuto e despois engade a ola e remexe.
- Cando as lentellas estén tenras (uns 45 minutos) retira o pemento, o tomate e a folla de loureiro.
- Por último proba o sal e si fai falla engade un pouco máis.
Aquí non se tira nada así que se queres podes gardar o pemento e o tomate que retiramos para facer unha crema de legumes.
Un par de trucos e consellos para darlle un toque diferente:
- Hai persoas que ao final da preparación cando xa están listas as lentellas engádelle un chorriño de vinagre para darlle mais sabor ou comino moído.
- Tamén podes engadir despois de feitas un ovo cocido en anacos, xa verás que sabor lle dan. Están riquísimas!!!