Hoxe vamos falar da coliflor, unha verdura que non deixa indiferente a ninguén. Podes odiala ou amala, pero moi poucas persoas se quedan no término medio.
Existen varios tipos de coliflor: a branca que todos coñecemos, a verde (que non é o brocoli) e a morada. Pola zona onde vivimos (Galicia) a que se cultiva e se adapta ao noso clima é a coliflor branca. Esta coliflor será a que vexades na Praza da Verdura en moitos dos postos das labradoras que alí vendemos os nosos productos.

As coliflores aportan unha grande cantidades de vitaminas e beneficios para o noso corpo
Beneficios para a saúde que aporta a coliflor
Moitos evitan comer esta verdura por varios motivos: o cheiro ao cocela, a hinchazón que produce no estómago, ou o sabor. Pero debemos ter en conta que estos motivos non son nada en comparación cos beneficios que aportan á nosa saúde.
- A coliflor é rica en ácidos grasos omega 3 e vitamina K, esto ayuda a evitar a inflamación de diferentes partes do corpo. Disminúe a dor e inflamación producida pola artrite, a dor de osos, …
- Tamén ten propiedades diuréticas, favorecendo a eliminación do exceso de líquidos. Por eso se sofres de retención de líquidos consumer periódicamente coliflor pode axudarche a baixar a retención e o ácido úrico.
- Protexe das enfermidades de corazón xa que axuda a reducir os niveis de colesterol no corpo, limpando o sangue e diminuindo a presión nas arterias.
- Inda que vos pareza incrible pola hinchazón que produce, axuda no proceso de dixestión xa que contén un alto aporte de fibra que é un laxante natural. Así que se tedes estreñimento habitualmente aconsellámosvos comer polo menos unha vez na semana unha porción de coliflor.
- Contén un alto porcentaxe de ácido fólico polo que é moi recomendable que as embarazadas a consuman. O ácido fólico axuda á producción de glóbulos e na formación de anticorpos do noso sistema inmunolóxico.
Formas de consumir coliflor

Existen infinidad de formas de preparar unha coliflor rica para todalas idades
A coliflor é unha das verduras que dan moitisimo xogo á hora de preparar unha comida. Existen infinidad de receitas e formas de consumilas: cocidas, empanadas, fritas, gratinadas, ao vapor, con bechamel, salteadas, puré, …
Agora que xa sabes todos as propiedades que aporta para o teu corpo achégate á Praza da Verdura e merca unha coliflor ou encarga ás labradoras. Se tes dúbidas sobre como preparala seguro que as vendedoras poderán axudarche con unha receita propia.
Recorda que consumir productos frescos da Praza axúda a túa saúde, ao teu peto e a economía local do Salnés.