Este artigo é para facer ver ás persoas que non é unha obrigación nin tampouco aburrido comer verduras e hortalizas.
Comer non é unha obrigación xa que é unha necesidade que ten o noso corpo para manterse sano. Grazas á comida tamén conseguimos manter esa forza e enerxía durante todo o día para levar a cabo a nosa vida: traballo, estudios, familia, tarefas do fogar, …
Pero non temos de comer sempre o mesmo e do mesmo xeito. Existen miles de receitas para facer e case todas as verduras, legumes, hortalizas e froitas se poden consumir de diferentes maneiras.
Hortalizas e verduras crudas

As verduras crudas e frescas manteñen mais vitaminas e propiedades
É indiscutible que comer fresco e sen cociñar fai que as veduras, hortalizas e froitas aporten máis vitaminas e propiedades para o noso corpo. Case tódalas verduras poden comerse crudas simplemente deberemos aderezálas de forma diferente ou cortalas máis finas. Pero tamén é moi importante que sexan productos moi frescos.
O repolo, a lombarda, as espinacas, … poden consumirse crudas en ensaladas ou como acompañante de carnes. Simplemente deberás retirar os troncos e partes mais duras das follas.
Tamén podes facer pauciños de cenoira, apio, remolacha, nabos, … e utilizalos como entrantes ou picoteo acompañados dunha salsa ou crema de queixo, maionesa, tomate, …
Cocidas con auga

A forma máis común de comer verduras
Esta é a forma mais común de comer verduras, hortalizas e legumes, … O bó e que podes aportarlles o sabor das carnes ou peixes que utilices para cocer con as verduras.
Perdense algunhas das propiedades é o sabor de orixe que teñen en crú, pero conservan inda moitos beneficios para o noso corpo. O inconvinte e que unha vez cocidas deberán consumirse nun tempo non moi amplo porque se non faranse incomestibles en moitos casos.
Procura utilizar a mínima auga posible para realizar a cocción desta forma aseguras que o sabor esté mais concentrado e non se perda na auga que vas tirar.
Cocidas ao vapor

As verduras ao vapor conservan mellor as propiedades e sabores orixinais
Ao cocer as verduras ao vapor consegues que o sabor quede nas verduras e non se vai na agua. Por conseguinte tamén perderás moitas menos vitaminas e propiedades beneficiosas para o teu corpo. E moi fácil cociñar desta forma xa que tampouco terás que remexer ou ter medo a que se peguen os alimentos ao cu da tarteira.
Hoxe en día vendense recipientes que se adaptan ao interior de calquer ola ou tarteira e que impiden que os alimentos cheguen ao chan. Desta forma só terás que engadir auga poñer o recipiente é enriba as verduras que queiras cociñar.
Verduras ao forno

Unha forma práctica e rápida de cociñar limpo e sen grasas
Tódalas verduras, hortalizas e froitas se poden cociñar ao forno. Podes envolvelas en papel de alumínio ou introducilas nunha ola de barro ou cristal, o importante é que estén ben tapadas e cerradas. Así conseguirás que se fagan no seu propio zume e líquido que potenciará o sabor de cada unha.
Se os hortalizas teñen pepitas como pode ser o pemento recomendamos que primeiro se quiten antes de meter ao forno. Algunhas sementes poden acedar o sabor da comida e facela incomestible.
Verduras á plancha

Verduras feitas no seu propio sabor e ao momento
Cada vez está mais de moda a comida de wok ou a plancha, ¿por qué será?. Pois moi sinxelo ao cociñar case sen aceite e varias verduras xuntas proporcionamos un sabor diferente á comida. Estamos a transferir o zume que soltan as verduras ás carnes con que as acompañamos e remexemos e viceversa as verduras tamén collen o sabor que soltan as carnes.
Esta cocción faise en lume lento para que o sabor permanezca na comida e non se evapore. Se facemos as verduras á prancha deberemos sellalas volta e volta primeiro para que o sabor quede dentro.
Purés de verduras

Purés de verduras quentes ou frías según o tempo que faga
Os purés moitas veces son a solución para introducir no medio cousas que non gustan aos mais pequenos como as espinacas ou brócoli. De esta forma ao non velo no prato non sabrán que están a comer estas verduras e será mais doado que as tomen.
Tamén podemso utilizar os purés como se fosen unha salsa e acompañar a unha carne asada ou á parrilla.
Zumes de verduras

Unha forma fácil de tomar verduras incluso para os mais pequenos da casa
Sí como estás a ler, os zumes non só se fan de froita. As verduras e legumes como tomates, acelgas, cenoiras, remolacha, pepino, cabaza, … tamén se poden tomar en zume.
Ao non levar ningún proceso de cociñado (cocido, frito, salteado, á prancha, …) conservan todas as propiedades e vitaminas que nos aportan os productos frescos da Praza. Inxerir verduras de forma líquida axuda a que o corpo as procese de forma máis rápida aportando enerxía e vitaminas casi ao instante.
Estes zumes son o complemento ideal para a alimentación dos mais pequenos da casa. Acostúmaos a tomar un zume de verduras na merenda ou ao vir das actividades extraescolares. Estaráslle a aportar os nutrientes e enerxía que necesitan para medrar sáns.
Xa ves que existen moitas formas diferentes de comer verduras e cada unha lle aporta un sabor diferente. Non fagas que comer sexa aburrido e rutinario.
Ven á Praza da Verdura e empeza a divertirte comendo verdura e legumes de forma diferente.