Seguro que moitos de vos xa estades temendo as grandes comilonas do Nadal. Comidas longas e pesadas que pasan factura tanto ao noso sistema dixestivo como aos kilos de mais que sempre aparecen.
Hoxe vamos a compartir unha receita de ensalada para que vaiades preparando o voso estómago.
Receitas de ensaladas nutritivas e lixeiras coa Praza da Verdura
Ensalada de Lombarda
Ingredientes:
- 1/2 kg de lombarda
- 2 cenoiras
- 3 culleradas de sementes de granada
- 5 rabanitos
- 3 culleradas de aceite de oliva
- 1 culler de vinagre
- 2 culleradas de zume de laranxa
- 1 culler de mel
- 1/2 culler de mostaza
- pementa negra
- sal
O primeiro que debedes facer e lavar ben todos os ingredientes para evitar que leven terra ou suciedade. As follas de lombarda deberedes sacarlle a parte mais grosa do tronco que soe ser mais agria. Despois cortaredela á xuliana e poredela nun bol.
Pelamos as cenoiras e cortámolas como mais vos guste en rodas, en pauciños ou se queredes incluso a podedes raiar. Cortamos os rabanitos en rodas moi finas e xuntámolo xunto coas sementes de granada e a cenoira á lombarda. Mezclamos todo e xa temos a ensalada, agora só falta o aliño.
Para preparalo poñemos nunha taza o aceite de oliva xunto co vinagre o xume de laranxa a mel e a mostaza e batemos todo enérxicamente para que se mezclen. Salpimentamos ao gusto e ¡¡¡listo para tomar!!!
Podes probar a engadirlle ovo, sémola, mazá, … hai un sinfín de posibilidades segundo o gusto de cada un. As verduras, hortalizas e froitas en ensaladas axudan a regular o noso sistema dixestivo.
O que sí e que para conseguir os mellores productos do mercado terás que achegarte á Praza da Verdura este Nadal. Teremos os productos mais frescos esperando por ti, recollidos da terra directamente para o mercado.