Sopa de Polo con Verduras da Praza de Vilagarcía

| Publicado por | Categorías: Receitas

As sopas son unha forma de comer verduras case sen darnos conta. Agora que estamos no inverno e o frío faise notar unha sopa quentiña é case unha bendición para o noso corpo sen importar se somos nenos ou maiores.

A continuación poderedes ver unha receita a base de verduras e hortalizas que atoparedes na Praza da Verdura de Vilagarcía.

Sopa de polo ou xamón con verduras e hortalizas frescas

Ingredientes:

  • 5 cenoiras
  • 2 dentes de allo
  • 3 patacas
  • 1 puerro
  • 1/2 calabacín
  • 1 culler de aceite
  • 100 gramos de polo desmenuzado ou xamón tipo york
  • 1 litro de caldo de polo

A elaboración desta sopa é moi sinxela. Primeiro tendes que picar os allos e sofreilos na ola con unha cullerada de aceite. Cando os allos estén dourados engadides as verduras que xa deberedes ter troceadas. Deberedes trocear todas as verduras (cenoira, puerro e calabacín) en rodas e as patacas un pouco mais grandes.

Cando as verduras empecen a estar douradas introducides o polo desmenuzado ou o xamón en cadradiños e seguides sofreindo.

A continuación engadides o caldo de polo. Se non tendes caldo de polo gardado, podedes utilizar o que se vende no supermercado ou facelo a base de pastillas de caldo. O sabor non será o mesmo pero podedes sair do apuro case sen notarse.

Deixades que ferva e contades 30 minutos dende que comeza a ferver, poderedes comprobar o estado de cocción pinchando unha pataca para ver se está feita.

Comproba 5 minutos antes de apagar o sal e se fose necesario engade máis.  Se estivese moi salado un truco é introducir máis patacas na cocción, non fai milagres pero axuda a reducir o sal.

Podes introducir variantes nesta sopa: anacos de pan tostado, ovo cocido en anacos, champiñóns … Nunca te aburrirás de esta sopa tan sinxela de preparar.

Como podedes ver case todos os productos os poder mercar na Praza da Verdura. Productos recollidos polas nosas labradoras nas terras do Salnés que garanten un sabor e frescura único.

Se non che apetece facer unha sopa pero non sabes que cociñar pídelle consello ás Vendedoras da Asociación de Vendedores da Praza da Verdura de Vilagarcía. Elas son expertas en receitas con verduras, hortalizas, legumes e froitas frescas.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]