Propiedades e beneficios do repolo

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Se vos achegades á Praza da Verdura de Vilagarcía poderedes ver que nesta época todas as vendedoras da Asociación teñen no seu posto uns fermosos repolos. Repolos redondos, repolo de corón, lombarda (repolo morado), repolo branco, … Todos estos repolos son cultivados nas hortas das nosas labradoras, coidados e recollidos con todo o coidado que merece o traballo do campo.

Pois hoxe vamos falar dos beneficios do repolo na nosa saúde. Os repolos son verduras con un gran aporte de vitaminas. Entre as máis importantes están:

  • Vitamina  A: moi importante para a nosa pel, mucosas e osos. Axudanos a mellorar e coidar os nosos ollos.
  • Vitamina C: axuda a rexeneración dos texidos do corpo. Tamén é a vitamina que nos axuda a combater os resfriados e frío no inverno.
  • Ferro: as verduras teñen un gran aporte de ferro que axudan o noso sangue na labor de oxixenar as nosas celulas do corpo. E en casos de anemia axuda a disminuila ou incluso eliminala.
  • Fibra: axuda ó tránsito intestinal e a mellorar a eliminación de residuos e retención de líquidos.
Repolos das hortas das nosas labradoras da Praza da Verdura

Repolos das hortas das nosas labradoras da Praza da Verdura

Formas de preparar un repolo frescos

O repolo pode consumirse de múltiples formas:

  • Cocido: é a forma a que estamos mais habituados, quen se pode resistir a un bó cocido ou caldiño.
  • Salteado: con un pouco de aceite e unhs alliños. Podes utilizar o repolo xa cocido ou en crú, engadelle un ovo e verás que rico o salteado. Ideal para acompañar por un peixe ou unha carne á prancha.
  • Wok: Coa influencia da cociña extranxeira cada vez está mais á orde do día as comida de vexetais en wok.
  • Crudo, en ensaladas : o mais común é consumir a col branca ou a lombarda
  • ou incluso en zume: engadindo verduras ou froitas podese facer un zume ou licuado que che aportará fibra e co que poderás limpar o teu organismo de impurezas.

Vinde á Praza da Verdura este martes ou sábado e mercade un repolo. É unha boa opción para ter a man para un día que non saibades que cociñar durante a semana, podedelo acompañar con calquer cousa: peixe, polo, porco, terneira …

Se necesitades axuda á hora de elexir as vosas verduras, hortalizas, froitas ou legumes ou queredes consello sobre que facer de comer as nosas labradoras axudaranvos con moito gusto.

Aposta por o consumo de producto local a moi bo prezo e con todo o sabor do cultivo tradicional.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]