A lombarda é un repolo moi saboroso de cor violeta que dá xogo a facer moitos pratos diferentes, a continuación deixámosvos un exemplo.
Lombarda ao estilo alemán.
- 1 col lombarda
- 2 mazás verdes
- 1 cebola grande
- 1/2 taza de auga con 1 culler de maicena diluida
- 1/2 taza de azúcar
- 1/4 taza de vinagre branco ou se o preferides sidra
- 1 chorro de aceite de oliva
- 1 folla de loureiro
- 3 cravos de olor
- Sal
- Pementa negra recén moida
O primeiro que deberemos facer será preparar os ingredientes. Collemos a lombarda e cortamola á xuliana (en tiras) ou en cadradiños. A cebola tamén a cortamos en xuliana e as mazás pelámolas quitamoslle os carozos e cortamos en medias lúas.
Unha vez temos todo cortado poñemos o aceite nunha ola e comezamos a saltear a cebola xa cortada ata que esté pochada. Unha vez lista engadimos a col e as mazás e remexemos un pouco máis (2-3 minutos)
Agora xa é hora de introducir o resto dos ingredientes e poñemos a ola a lume baixo. Deberemos seguir remexendo cada certo tempo para asegurarnos de que a col se coce correctamente e non se pegue.
O tempo de cocción serán aproximadamente uns 45 minutos -1 hora. A cocción debe ser moi lenta e en continuo movemento ata que case quede sen líquido. Antes de apagar o lume probamos como está de sal e se é preciso engadimos un pouco.
¡¡E xa está listo para comer!!. Este é un prato moi rico e cheo de vitaminas que pode comerse só ou como acompañamento de carnes e peixes.
Ven a Praza da Verdura e merca a túa lombarda para sorprender á tua familia con un prato sinxelísimo que pode ser principal ou acompañar a carnes ou peixes.