No inverno tamén se come froita e para os que non o creades aquí vos deixamos un postre que poderes facer con productos que atoparedes na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.
Pudin de froita
- Unha mazá roxa
- Tres iogures desnatados de limón
- Unha pera
- Un plátano
- Un chorriño de zume de limón
- Un sobre de xelatina neutra
- Azúcar ou edulcorante
- Fruta para decorar
- Caramelo líquido
O primero que deberemos facer é pelar a fruta e rociala con un pouco de zume de limón. Despois de rociala procedemos a triturala coa batidora ou a thermomix. Mentras poñemos a xelatina en un par de culleradas sopeiras de auga para hidratala.
A continuación collemos a metade da froita triturada e poñemola a quentar nunha ola sen que chegue a ferver. Isto é moi importante xa que se non podemos queimar a froita e que o noso pudin sepa asqueroso.
Unha vez a froita está quente mesturamola coa xelatina disolta e o resto da froita e mesturamos. Despois imos engadindo o edulcorante e os iogures de un en un e seguimos mesturando.
Unha vez está todo mesturado botamos caramelo líquido no molde e vertemos a mestura. Tapamos e metemos na neveira ata que se endureza.
Cando desmoldemos podemos decorar con froita fresca e un pouco de caramelo líquido.
Como vedes un proste moi rico e sinxelo co que poderedes pasar esas longas sobremesas de inverno na casa falando coa familia.
As nosas labradoras seguro que tamén che poden contar algunha outra receita con froita coa que sorprender tanto aos máis pequenos da casa como aos maiores.
Atrévete a consumir productos con todo o sabor e frescura da nosas terras. ¡¡ Ven mercar á Praza da Verdura!!