Axuda a controlar o hipotiroidismo con verduras, legumes e hortalizas frescas

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

No artigo de hoxe vamos falar de como levar mellor un dos problemas cada vez máis común sobre todo entre as mulleres: o hipotiroidismo.

O hipotiroidismo consiste nunha disminución da hormona tiroidea, esta é a encargada de controlar o noso metabolismo. A falla de esta hormona ocasiona nas persoas un aumento de peso sen razón aparente, un cansanzo excesivo durante as actividades diarias, estreñimento, pel seca, caída do cabelo, dores musculares e incluso pode chegar a provocar unha depresión.

O consumo de productos ricos en ácido fólico e iodo axudan ao noso corpo a mellorar e chegar a estabilizar esta enfermidade disminuindo a dose de medicamentos. O máis importante tamén é deixar de lado as comidas rápidas e consumir verduras, hortalizas e froitas frescas que poderás atopar na Praza da Verdura.

¿Qué necesito comer para axudar a regular o hipotiroidismo?

Como xa dixemos anteriormente deberemos coidar a nosa alimentación consumindo productos ricos en:

  • iodo: frutos roxos (arándanos, frambuesas …), fresas, sal, leite, patacas, algas, acelgas, espinacas, cenoiras, legumes, …
  • omega 3: peixe azul, ovos, marisco sen concha (gambas, langostinos, camaróns …), aceite de oliva, noces,
  • vitamina B12 e B9: ovos, leite, peixe azul, fígado, tomate, pepino, plátano, melón, laranxas, espinacas …

Se te achegas á Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa poderás atopar moitos de estos productos que che axudarán a manter o teu nivel de tiroides no nivel saudable para o teu corpo.

A alimentación saudable axuda a equilibrar os niveles de hormona tiroidea

A alimentación saudable axuda a equilibrar os niveles de hormona tiroidea

¿Qué alimentos que non debería comer se padezo de hipotiroidismo?

Non existe ningún alimento que se poida chamar proibido é máis, o máis indicado é unha dieta variada. Pero se sofres de hipotiroidismo deberás evitar consumir cantidades excesivas de: Brocoli, fabas, millo,  coles …

Outros consellos para mellorar as tiroides

  • Comer cada 4-5 horas máximo: a alimentación regular evita que o teu corpo cree revervas de alimentos. Evitarás acumular grasas e estará activo durante todo o día.
  • Facer exercicio, isto é moi recomendable xa que aumentaremos o noso ritmo cardiaco ademais de ter máis forza muscular. Ao facer exercicio a nosa temperatura corporal tamén tende a aumentar evitando o frío que nos produce o hipotiroidismo.

Se sufrides de hipotiroidismo podedes mellorar a vosa calidade de vida comendo saudable. Na Praza da Verdura poderás atopar productos frescos, cultivados polas nosas labradoras, con os que poderás equilibrar o teu nivel de tiroides.

Olvidate do pelo caído, do cansanzo, da pel seca e do estreñimento controlando a túa alimentación.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]