As coles de bruselas son unha das verduras con máis cantidade de vitaminas, pero polo seu sabor forte moitas veces témolas olvidadas. A continuación poderedes ver unha receita que xa veredes como vos fai gustar delas.
Ingredientes:
- 400 gramos de coles de bruselas
- 90 gramos de xamón curado en taquiños
- 1/2 cebola
- sal
- pementa negra
- aceite de oliva
- 150 ml de viño branco
- un par de lonchas de queixo ou 50 gramos de queixo relado
Elaboración:
O primeiro de todo é cocer as coles de bruselas con uns 12 minutos é suficiente, unha vez cocidas escurrímolas e gardamolas para despois.
Mentras estaban a cocer as coles picamos media cebola para sofreir nunha tixola con un chorriño de aceite de oliva ata que esté ben pochada case transparente. Este é o momento no que introducimos as coles de bruselas xa cocidas, engadimos un pouquiño de sal e unha pizca de pementa negra moída. Removemos uns minutos estes ingredientes.
Despois engadimos o viño branco e deixamos as coles cociñar 5 minutos máis para que se reduza o alcol quedando as coles de bruselas empapadas do sabor.
Pasados estos 5 minutos engadimos o xamón curado en taquiños e removemos. Apagamos o lume para que o xamón non se queime e simplemente se abrande un pouco co calor e a humedad das coles co viño. Deixando o sabor a curado tamén nas coles de bruselas. De seguido engadimos o queixo ou cortado en tiras ou se é relado mellor para que se desfaga ben.
E listo o teu prato está preparado para ir á mesa e sorprender a toda a familia. Verás como o sabor forte das coles quedará disimulado co xamón a cebola e o viño branco.
De seguro que será un prato que vas repetir.
Na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa vas atopar todos os ingredientes necesarios para realizar esta receita tan sinxela. As vendedoras de verduras, hortalizas e legumes que hai na praza axudaranche a mercar o que necesitas ou incluso te poden asesorar de outras moitas receitas.