Alimentarse non é como moita xente pensa comer e non pasar fame durante o día. A alimentación conleva un concienciamento do que precisa o noso corpo e de cómo llo debemos proporcionar.
A continuación poderedes ler uns consellos básicos para unha alimentación correcta tanto para maiores como para nenos.
7 cousas que debemos coidar no noso día a día
- Comer a lo menos 5 veces ao día: seguro que xa temos escoitado esto moitas veces e non sabemos o por qué. A razón e que o noso corpo traballa durante todo o día con máis ou menos intensidade e non só 3 veces ao día. Para que non colla o costume de crear reservas (que se soen convertir en grasas) deberemos facerlle ver ao noso corpo que vai recibir alimentación cando a precise e non debe «aforrar».
- Eliminar alimentos refinados na nosa dieta: o azúcre refinado, refrescos, doces, fariñas refinadas e todo o que leva un proceso de elaboración complexo, perde por ese camiño os seus nutrientes e vitaminas polo que non aporta nada saudable ao noso corpo.
- Reducir o consumo de comidas preparadas para o consumo: como os elementos refinados os productos preparados ou pre cociñados perden calidade ao ser introducidos neles conservantes. Ademais o proceso de conxelación fai que perdan as poucas propiedades saudables que poidan ter, aportando nada máis que grasas ao noso corpo.
- Masticar correctamente: Comer é un pracer, e por iso debemos tomar o noso tempo nas comidas. Comer de forma apurada ou non masticar de forma correta fai que o noso sistema dixestivo teña que traballar moito máis, chegando a producir enfermidades: úlceras, irritacións, gastritis, …
- Calidade antes de cantidade: debemos premiar a calidade ante a cantidade, é máis favorable consumir carne ou peixe fresco a consumilos conxelados por moito que o prezo sexa máis barato. Acostuma a consumir productos de temporada verás como comer a bo prezo é posible.
- Comer mais froitas, verduras e hortalizas frescas: A alimentación non se basa só en proteínas animais. O corpo agradeceráche que engadas verduras, hortalizas, froitas e legumes no teu día a día. Xa que son unha forma de aportar nutrientes que necesitas fácilmente dixeribles.
- Facer exercicio: Comer de forma correta é algo indispensable pero tamén o é facer exercicio. De nada serve que a túa alimentación sexa equilibrada se non utilizas eses recursos en manter o corpo exercitado e preparado para a vida diaria.
Estes consellos sabemolos todos pero polas presas da nosa sociedade non lles damos a importancia que teñen. Vivimos nun tempo onde cada segundo é ouro e pensamos en coller o camiño fácil (comidas precociñadas, doces, zumes procesados, …) sen pensar no mal que estamos facendonos a nos mesmos.
Desde este artigo anímovos a que polo menos vos plantexedes tomar 1 ou 2 días a semana para vos, sen presas e tranquilos, dándolle ao voso corpo o que precisa: «unha alimentación saudable»
Os martes e sábados esperámosvos na Praza da Verdura para que poidades a lo menos cumprir coa recomendación número 6 «Comer froita, verdura e hortaliza fresca».

Cultivos de verduras nas terras das nosas vendedoras
As hortalizas, verduras e froitas que poderedes ver e mercar na Praza da Verdura son todas cultivadas polas nosas labradoras nas terras do Salnés. Productos frescos, recén recollidos, con todo o sabor da nosa terra e da tradición de cultivo que existe na zona.
¡¡Esperámosvos na Praza da Verdura de Vilagarcía!!