Croquetas con verduras e hortalizas frescas

| Publicado por | Categorías: Receitas

Os nenos pequenos son os que máis problemas poñen á hora de comer verduras na casa. Unha forma divertida de que as coman e non se den nin conta é nas croquetas. ¿A qué neno non lle gustan as croquetas?

Ingredientes:

  • 1 cebola
  • 1 pemento verde
  • 1 cenoira
  • 1 calabacín
  • 2 dentes de allo
  • 1 litro de leite
  • 4 culleradas de fariña
  • 1 pouco de perexil
  • queixo relado
  • 1 ovo
  • pan relado
  • sal
  • aceite

Elaboración:

O primeiro e pelar todas as verduras e pasalas por un relador, agás a cebola e o allo, así xa estarán listas para cando as precisemos máis adiante.

De seguido picamos a cebola, o allo e o perexil moi pequeniño e pasamolos para a tixola cando o aceite xa esté quente. Unha vez que están brandiños engadimos as verduras que tiñamos cortadas e un pouco de sal e deixamos uns 5 a 10 minutos a lume suave.

As verduras frescas teñen todos os nutrientes que corpo precisa

Na Praza de Vilagarcía as labradoras venden as verduras e hortalizas frescas que cultivan elas mesmas

Agora é o momento de engadir a fariña de trigo, deberemos tamizala e engadila pouco a pouco. Deste xeito non se formarán grumos que despois non sexamos capaces de desfacer. Cando esté toda a fariña engadimos tamén pouco a pouco o leite, a temperatura ambiente, sen deixar de remover a tixola ata que conseguimos unha mestura con consistencia pastosa.

Engadimos o queixo relado e removemos todo un minuto mais e apagamos o lume para deixar que se enfríe.

¡¡Agora toca montar as croquetas!!

Cando o masa esté fría botamos aceite ou manteiga nas mans e poñemosnos a coller anacos de masa e facer as boliñas das croquedas. Pasámolas polo ovo batido e depois no pan relado.

¡¡Xá están listas!! Agora ou ben as conxelamos ou as fritimos xa para comer en abundante aceite para que non se peguen ou rompan na tixola.

Esta é unha receita moi sinxela que podedes preparar cos nenos, xa veredes como se divirten facendoas.

Na Praza da Verdura poderás atopar os ingredientes máis frescos para preparalas e que teñan un sabor inconfundible á nosa terra e ao producto fresco.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]