Pementos recheos con o sabor da nosa terra

| Publicado por | Categorías: Receitas

Existen millares de formas de facer pementos recheos: con carne, con atún… pero hoxe ides aprender unha receita de pementos recheos só con verduras.

Ingredientes

  • 80 gramos de aceitunas sen óso
  • 4 rodajas de queixo 
  • 3 patacas 
  • pementa
  • 4 culleradas de tomate frito (caseiro ou en bote)
  • 1 cullerada de aceite de oliva virxen
  • 4 pementos frescos (vermellos ou amarelos os que prefirades)
  • un pouco de albahaca
  • un pouco perexil fresco

 

Elaboración:

O primeiro que deberemos facer é limpar os pementos. Para iso comezamos abrindos por arriba e vaciando as pepitas que conteñan. Despois de limpalos completamenta polo  interior reservámolos.

Pementos frescos que podes atopar estes días na Praza da Verdura

Pementos frescos que podes atopar estes días na Praza da Verdura

Despois pelamos as patacas e as cocemos con auga bastante, se tes caldo de polo ou galiña recomendamosche que o utilices porque lle dará un sabor moi rico ás patacas.

Mentras cocen as patacas picamos a albahaca, o perexil e as aceitunas. Introducimolo todo xunto nun bol e engadimos as patacas cocidas trituradas ou esmagadas e remexemos para que se mesture todo ben. Engadimos o tomate frito e un pouco de pementa e voltamos a mesturar.

Con esta mestura vamos encher os pementos. Unha vez listos poñémolos sobre unha bandexa de forno engrasada e metemos ao forno uns 20 minutos a 200º C aproximadamente (cada forno é diferente, así que ídelle botando un ollo de vez en cando). Cando case estén listos engade unha loncha de queixo por riba de cada pemento e volve a metelos para que se derreta o queixo.

Como vedes comer saudável é moi sinxelo e non ten por qué ser aburrido. Aquí tendes unha receita moi sinxela que podedes modificar ao voso gusto: engadirlle carne, atún, ovo cocido, algunha outra verdura …

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche

Comer verduras, hortalizas, legumes e froita a diario axuda ás nosas defensas para manternos en boa forma. Ven á Praza da Verdura e deixate cautivar polos cultivos que coidan con mimo e esmero as labradoras da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]