O puerro é unha das hortalizas que podemos atopar durante todo o ano na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.
Esta verdura ten familia coas cebolas e os allos e o seu sabor é moi peculiar, parecido aos seus familiares pero moito mais suave. Todos conoceremos ou estamos habituados a tomalo en sopas, consomes, guisos …
Os principais beneficios que nos aporta consumir puerro son:

O puerro pode consumirse cru, en guisos, en sopa, frito … achégate á Praza da Verdura e merca os teus
- Antibiotico natural: o puerro ao igual que a cebola e o allo contén compoñentes antibacterianos que axudan ás nosas defensas a combater os resfriados, gripes e pequenas infeccións.
- Diurético: axuda a eliminar o exceso de líquidos no noso organismo, ademais mellora a nosa dixestión evitando flatulencias, diarreas e estreñimento. Tamén mellora os procesos de artrites, reuma e gota.
- Mellora a circulación sanguínea: esta hortaliza axuda a evitar os coágulos de sangue, reducindo o risco de infarto e anxina de peito. Tamén mellora a vida das persoas que sofren de varices ou de hemorroides xa que son enfermidades que se asocian a unha mala circulación.
- Colesterol e diabetes: a inxesta cotidiana de puerro nas nosas dietas mellora os niveis de colesterol e de azucre no sangue.
- Limpa os riles: os riles son o noso filtro natural que axuda a eliminar as toxinas para que non pasen ao sangue. O puerro axuda a limpar todas as impurezas que fican neles despois do seu traballo. Isto implica que auda a previr ante as pedras nos riles tan dolorosas que seguro moitos de vos tedes sufrido.
- Embarazadas: contén un alto contido de ácido fólico e vitamina B9 que son importantes para o crecimento do bebé.
Cómo conservar o puerro na casa
O puerro é unha das hortalizas con mais aguante na casa. Poden chegar a durar ata 2 semanas na neveira. Se o prefieres tamén os podes conxelar e gardalos para máis adiante cando os necesites.
Se os vas conxelar un consello: limpa ben o puerro e gardao xa troceado ou en anacos pequenos ou en trozos de 5-6 cm para asegurarnos da correcta conxelación e que duren o mais posible. O aconsellable é que non pase de 6-9 meses no conxelador.
Se xa os cociñaches e non os utilizaches non tardes máis de 2 días en consumilos porque poderían resultar pesados para a tua dixestión.
Do puerro aproveitase case todo, que non che conten contos sobre que o verde non se come. Temos que recoñecer que a textura é un pouco mais forte pero tamén se come, simplemente tes que deixalo cociñar un pouco máis de tempo.

Quiche de puerro e bacon, unha receita moi sinxela que vai gustar a todos, incluidos os nenos da casa
Achégate á Praza de Vilagarcía calquer martes ou sábado e deixa que as vendedoras che axuden a escoller os mellores puerros según como os vaias a cociñar. ¿Quén vai saber máis que elas para axudarche, que os cultivaron e recolleron para vender o mellor producto na Praza de Vilagarcía?