¿Puerros de postre?
Pois sí, e ademais vouvos asegurar que cando probedes os pasteis de verduras e hortalizas ides repetir máis dunha vez, están riquísimos.
Ingredientes:
- 1 lámina de masa quebrada
- 200 gramos de bacon en lonchas moi finas ou en taquiños
- aceite de oliva
- 2 puerros
- 2 ovos
- 1 brick de nata para cociñar
- 100 gramos de queixo relado
- perexil picado
- sal
- pementa
Elaboración:
O primeiro que debemos facer é estirar e adaptar a lámina de masa quebrada no molde. Unha vez amoldada pinchamola cun tenedor para a súa correcta cocción despois no forno.
Agora vamos preparar o contigo do noso rico pastel de hortalizas frescas mercadas na Praza da Verdura.
Collemos os puerros e lavámolos moi ben, xa sabedes que os puerros crecen soterrados e inda que as vendedoras os lavan poden conter inda algo de terra entre as follas. Despois de lavamos moi ben procedemos a cortalos en rodas moi finas.
Agora collemos unha tixola e engadimos o aceite de oliva e cando estén quente engadimos o puerro e o bacon. Removemos ata que esté ben pochadiño. Cando xa está escurrimos o aceite e gardamos.
Nun bol grande metemos os ovos, a nata, o sal, perexil e a pementa e os batemos ata unificar todo. Unha vez mezclado engadimos un pouco máis da metade do queixo, o puerro e o bacon e voltamos a remexer.
Cando esté ben mesturado vertemos todo sobre a base e engadimos por riba o resto que nos queda do queixo.
O forno debe estar prequentado a 180º C e o tempo de cocción será duns 15 minutos. Como cada forno é un mundo aconséllovos que estedes atentos e cando vexades que está callada e dourada a saquedes do forno.