Salmón á prancha con verduras

| Publicado por | Categorías: Receitas

Estes días pretendemos que aumentedes a vosa dose de enerxía e vos preparedes para a primavera que conleva un aumento de horas de sol e de actividades ao aire libre.

Así que a receita de hoxe vai aumentar a vosa vitalidade.

Salmón á prancha acompañado de brócoli e espinacas

Ingredientes por persoa:

  • 1 manoxo de espinacas
  • 1 brócoli mediano
  • 2 allos
  • aceite de oliva
  • sal
  • pementa

O primeiro é separar os ramilletes do brécol e por a cocer as verduras con un chorriño de aceite e un pouco de sal. Deberás cocer por separado o brócoli e as espinacas, con aproximadamente uns 15 minutos é suficiente. Escurre ben as espinacas e o brócoli e reserva.

Este é o momento de por os filetes de salmón á prancha con un pouco de aceite comeza sempre por a parte que ten a pel, salpimenta polo outro lado.

Mentres tes o salmón a facer podemos continuar coas verduras. Trocea os allos e engadeos xunto con un pouco de aceite nunha tixola. Cando teñan un color dourado podes engadir o brécol e as espinacas para saltealos. Proba como está de sal e se é necesario engádelle un pouco. Despois duns 5 minutos xa estará listo para sacar e empratar xunto co salmón á prancha.

Saltea o brócoli con espinacas e allo durante uns 5 minutos

Saltea o brócoli con espinacas e allo durante uns 5 minutos

Un prato rico que gusta a todos cheo de enerxia e sabores, que aportan as verduras e o salmón.

Aproveita o bo tempo e achégate a Praza da Verdura e coñecenos a nos e os nosos productos hortícolas. Sementados nas nosas terras e recollidos momentos antes de chegar á Praza para que o sabor sexa único e poder garantir o mellor producto.

 

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]