Pisto: receitas tradicionais con verduras

| Publicado por | Categorías: Receitas

O Pisto é unha receita moi común na provincia de Castela a Mancha mais non é só característico de alí. Moitas de nosas nais e avoas seguro que volo teñen preparado máis de unha vez. A verdade é que é ideal para comer só ou acompañar con calquer outra cousa: carne, peixe, pan, ovos

Ingredientes:

  • 5 tomates maduros
  • 1 calabacín
  • 1 berenxena
  • 1 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 cenoira
  • 1 puerro
  • 2 pementos verdes
  • 1 pemento vermello
  • sal
  • azucre
  • un chorriño de aceite
  • pementa, orégano, perexil, romero
Os tomates frescos dan un gran xogo á hora de cociñar

Os tomates frescos dan un gran xogo á hora de cociñar

Elaboración:

Nunha ola poñemos un pouco de aceite e engadimos a cebola cortada en cuadrados e o puerro en rodelas e deixamos que se fagan uns 4 minutos a lume lento. Pasado este tempo engadimos os allos limpos e picados moi fino e as cenoiras en rodelas tamén, removemos e deixamos 1 minuto mais. Aproveitamos este minuto para limpar os pementos e cortalos en cadradiños e engadimos á mestura anterior.

Remexemos lentamente de vez en cando ata que todo colla unha textura pochada e aproveitamos para salpimentar, o tempo aproximado que debemos deixar as verduras e hortalizas así é duns 20-25 minutos.

Noutra ola engadimos un pouco de aceite e os tomates pelados e troceados, engadimos: sal, azucre, orégano, pementa, perexil e romero e deixamos que se faga durante uns 15 minutos removendo cada pouco para que non se pegue. Cando esté listo o tomate engadimolo á outra ola que temos ao lume, onde están os pementos, cenoiras, puerro, allo e cebola. Damos unhas voltiñas durante 5 minutos para que se xunten o sabor do tomate natural cos da outra ola.

E xa está lista esta mestura de verduras tamén chamada pisto.

Pisto de verduras frescas con ovos

Pisto de verduras frescas con ovos

Como vedes é unha receita moi sinxela que podedes utilizar como prato ou como acompañante de carnes ou peixes.

Recorda podes atopar todo o que precisas na Praza da Verdura de Vilagarcía.

Verduras e hortalizas cultivadas polas nosas labradoras con un sabor inigualable.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]