As cenoiras son un dos productos que podedes ver e mercar durante todo o ano na Praza da Verdura de Vilagarcía. Son un acompañante ideal para os guisos e as menestras pero tamén para ter a man e consumir en calquer momento do día.
As cenoiras son un dos vexetais con máis posibilidades á hora de consumir, podes consumilas en crú, en cocido, guisos, ao forno, ensaladas, puré, á prancha, en postres … Pois pola súa versatilidade hoxe vamos a adicarlle un momento a coñecer todos os beneficios que nos aporta o consumo de esta hortaliza.
Beneficios do consumo de cenoiras para a nosa saúde
- Sistema Nervioso: as cenoiras axudan a relaxar os nervos e a ansiedade que acumulamos durante o día a día.
- Mellora o apetito: está comprobado que en persoas enfermas con pérdida de apetito e incluso en nenos con problemas á hora de comer o consumo regular de cenoiras axuda.
- Menstruación: axuda a mellorar o fluxo sanguíneo e elimina as dores de cólicos na zona pélvica sufridos polo ciclo menstrual. Tamén axuda a regularizar o ciclo menstrual en mulleres que sofren irregularidades continuas.
- Protexe a nosa pel: grazas á provitamina A ademáis de axudarnos a broncearnos tamén equilibra o ph da nosa pel evitando que se reseque. Este é o motivo polo que moitos bronceadores conteñen extractos de cenoira. A provitamina A ademais de coidar da nosa pel tamén axuda a fortalecer as uñas e o pelo.
- Reduce a anemia: o consumo habitual de esta hortaliza evita que os niveis de ferro baixen provocandonos ás molestas anemias.
- Sistema dixestivo: combate os problemas de estreñimento, mellor consumilas en crú, polo seu alto contido en fibra. Tamén reduce as molestias dos problemas gastricos habituais como son: gastritis e acidez.
- Para la vista: a provitamina A axuda a evitar o envellecemento anticipado das células dos ollos, reducindo ou alargando no tempo a posibilidade de sufrir cataratas.

Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores
¿Que temos hoxe de comer? Pois engádelle cenoiras
Para min a cenoira é un indispensable na cociña como o aceite ou o sal. Ademáis de utilizala en guisos e sopas, podes elaborar mermeladas, facer ensaladas, pasar pola prancha … Todo o que poidas imaxinar para facer de comer seguro que é compatible coa idea de engadirlle un par de cenoiras.
E incluso metela no bolso da merenda dos nenos e utilizala como aperitivo para cando saiades de paseo e teñan fame.
Vente á Praza este martes ou sábado e fai das cenoiras o teu indispensable na cociña. Recorda que os productos hortícolas: verduras, hortalizas, froitas e legumes que se venden na praza son cultivadas polas nosas labradoras con métodos tradicionais.