Apetécevos un dulce feito con cenoiras para completar as vosas comidas saudables con verduras e hortalizas frescas. Ahí vos queda un flan que está para repetir e chuparse os dedos.
Ingredientes:
- 10 cenoiras
- 1/2 vaso de azucre branco (para facer o caramelo)
- 1/4 vaso de auga (para facer o caramelo)
- 1/2 limón feito zume (para facer o caramelo)
- 6 ovos
- 350 gr leite condensada
- unha pizca de vainilla
- unha pizca de canela
Elaboración:
O primeiro e lavar as cenoiras e pelalas para polas a cocer. Cando estén ben cocidas cortamolas en rodas para que vaian enfriando antes. Para que o forno vaia collendo temperatura podemos encendelo a 180ºC para despois.

Cenoiras frescas cocidas para facer a masa do flan
Agora imos preparar o caramelo líquido para untar o molde. Se preferides o caramelo industrial podedes pasar o paso seguinte inda que é tan fácil preparalo que case vos animo a que o fagades vos mesmos.
Poñemos un cazo a ferver con medio vaso de azucre branco, a auga e o zume do limón. Temos que ir remexendo de vez en cando para que o caramelo non se pegue e o azucre se desfaga completamente. Cando esté listo vertémolo no molde que vamos levar ao forno para facer o flan de cenoira.
¡Vamos a polo flan! Comezamos batendo 6 ovos coa batidora, cando xa estén batidos engadimos as cenoiras cocidas e cortadas xunto coa leite condensada. Batemos ben coa batidora ata formar unha pasta licuada e homoxénea. Poñemos o que nos falta que é a vainilla e a canela e voltamos a remexer, estos ingredientes nas cantidades que vos guste, porque xa sabemos que non son santo de devoción de todo o mundo. O meu consello e que non botedes moito para non desmerecer o sabor da cenoira que é o ingrediente principal deste flan.
Unha vez lista a mezcla para o flan botámola no molde que untamos xa co caramelo e introducimolo no forno durante uns 30 minutos a 180º C.
¡Ollo! cada forno é un mundo así que estade atentos non vaia ser que se vos queime. A forma de comprobar se o flan está feito e introducindo un palillo de vez en cando e se sae seco sen grumos e que está listo. Sacámolo do forno esperamos a que temple e metémolo na nevera para poder servilo ben fresquiño.
¿Gustouvos o plan para o postre? Pois vinde ata a Praza da Verdura de Vilagarcía e mercade xa as vosas hortalizas para facer comidas e postres tan saudables e ricos como os que falamos na nosa páxina da Praza.