Xa hai patacas novas na Praza da Verdura de Vilagarcía

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Xa chegou a primavera e con ela as patacas novas á Praza da Verdura

¿A quen non lle gustan as patacas novas?

A pataca de por sí é un dos indispensables nas cociñas galegas e de boa parte do mundo. Calquer comida na que poidades imaxinar seguro que se pode acompañar con patacas.

Podemos consumir patacas en calquer época do ano pero as patacas novas pouco duran. O sabor que teñen as patacas nos primeiros días de collidas onde a pel pódeselle sacar simplemente rascándoa coa uña ou o coitelo, é un sabor único.

Variedades de Patacas

Recolleita de patacas novas no Salnés

Recolleita de patacas novas no Salnés

Existen infinidade de variedades de patacas no mundo: Kennebec, Spunta, Nagore, Monalisa, Baraca, Agria, Azul, Jaerla … Pero as mais comúns na nosa zona do Salnés e as que estamos acostumados a mercar e consumir son as seguintes:

  • Patacas Baraca: Esta pataca é unha pataca tardía que se utiliza normalmente para fritir ou facer ao forno
  • Patacas Jaerla: A jaerla é unha pataca temprana que tanto serve pra facer guisos como para fritos
  • Patacas Monalisa, kennebec ou spunta:  Estas patacas con as mais flexibles á hora de facer a comida, xa que tanto serve para cocer, como para fritir ou facer tortillas. Sempre mantendo unha textura e sabor únicos.

Propiedades das Patacas

As patacas teñen moi mala fama á hora de facer dietas pero son moi boas para o noso organismo xa que teñen moitas vitaminas como a C e a B, ácido fólico, potasio, magnesio e ferro. O consumo moderado pero habitual de patacas axúdanos a regular a presión arterial e previr enfermidades cardiovasculares.

Así que non vos enganen dicindo que as patacas engordan ou que suben o colesterol porque iso é unha mentira.

Patacas novas ao forno sabores únicos

Patacas novas ao forno sabores únicos

Aproveitade este momento en que comezan a vir as patacas e vinde ata a Praza da Verdura de Vilagarcía a mercar as vosas patacas novas perfectas para guisos ou facer ao forno.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]