Potaxe de Semana Santa de man da Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Receitas

Xa se fai sentir no ambiente que estamos en Semana Santa e con ela veñen as tradicións que máis ou menos todos cumprimos sexamos ou non crentes.

Hoxe vamos a ensinarvos como se fai un dos pratos máis típico destes días:

Potaxe de Semana Santa.

Ingredientes:

  • 350 gramos de garbanzos en seco (deberédelos poñer a remollo unhas 12 horas con un puñado de sal  )
  • 350 gramos de bacallau xa desalagado
  • 250 gramos de espinacas frescas
  • 2 cebolas
  • 4 dentes de allo
  • 1 ovo
  • pan
  • Pementón
  • 1 folla de loureiro
  • Aceite de Oliva
  • Sal

Elaboración:

O primeiro que debes facer é poñer a cocer os garbanzos, xunto con 2 dentes de allo pelados e o loureiro. Todo isto metémolo nunha ola durante unha hora e media a lume lento.

As legumes secas son unha forma de comer sano durante todo o ano

As legumes secas son unha forma de comer sano durante todo o ano

Mentras se fan os garbanzos podemos comezar a preparar o sofrito. Para facelo collemos 1 dente de allo e picámolo moi fino e o outro pelámolo simplemente. Tamén pelamos as cebollas e picámolas en xuliana moi finiña.

Collemos unha tixola e engadimos un pouquiño de aceite de oliva e fritimolo allo picado a lume normal, cando vemos que colle un colorciño dourado engadimos o allo enteiro que temos pelado. Deixamos que se doure un pouquiño antes de engadir a cebola cortada a xuliana. Engadimos sal e esperamos a que esté pochada momento no que apagamos o lume.

As espinacas son unha verdura que ten unha gran cantidade de ferro

As espinacas son unha verdura que ten unha gran cantidade de ferro

Cando enfríe un pouco sen estar frío de todo engadimos a cullerada de pementón, de este xeito non se nos queima. Removemos ben todo para que ligue e reservamos este sofrito.

Neste momento é cando collemos un cazo e cocemos o ovo que precisaremos o final da receita.

Pasada a hora e media de cocción dos garbanzos retiramos o allo e o loureiro que puxemos a cocer con eles, neste momento engadimos o sofrito que fixemos e botamos as espinacas lavadas. Deixamos así durante 2-3 minutos.

Veremos que as espinacas xa reducen o seu tamaño entón é o momento de desmigar o bacallau en anacos pequenos que poidamos comer dun bocado e introducilo na ola.

Bacallau desalagado e desmigado listo para a potaxe

Chegados a este punto baixamos o lume a case o mínimo e deixamos cocer uns 5 minutos, iremos probando para saber se precisamos sal e se o bacalao xa está case cocido.

Así xa se podería comer e estaría riquísimo volo podo asegurar pero vamos a darlle un toque final.

Collemos unha tixola e con un pouco de aceite fritimos unha rebanada de pan ata que quede dourada. Despois collémolo pan desfacemolo e engadimos o allo que nos faltaba machacamos todo xunto e despois introducímolo na ola xunto cos garbanzos e o bacalao. Que non se nos olvide engadirlle ese ovo cocido que tiñamos preparado. Deixamos cocer 5 minutos máis e listo.

O pan machacado co allo e o ovo cocido daralle unha textura áo caldo  mais espesa e un sabor moi rico.

En Semana Santa non se debe comer carne pero como vedes podemos facer pratos moi ricos que poden pasar a ser un máis do noso día a día.

Ven ata a Praza da Verdura de Vilagarcía e verás todos os productos frescos que temos recollidos das nosas hortas (hortalizas, verduras, legumes e froita)  e que che van dar mais dunha idea para facer de comer nestes días.

Repolos das hortas das nosas labradoras da Praza da Verdura

Repolos das hortas das nosas labradoras da Praza da Verdura

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]