Non estamos no verán pero o sol e o tempo transpórtanos a esa estación de luz, calor e como non festas en Galiza.
Nos tempos que corren grazas aos invernadoiros podemos atopar xudías á venda en calquer época do ano na Praza da Verdura de Vilagarcía. Pero a época delas comeza nestas datas entre primaveira e verán coa chegada do bo tempo.
Existen infinidade de variedades diferentes: xudía plana, xudía verde, xudía amarela, xudía redonda, xudía de manteca, xudía pinta … E todas teñen algo en común que son os beneficios que nos aportan o seu consumo.
Beneficios do consumo de xudías
- Sistema inmunolóxico: ten un alto contido de vitaminas A e C que axudan ás nosas defensas a protexernos dos xérmenes
- Sistema dixestivo: as xudías son unha verdura que contén unha alta porcentaxe de fibra polo que regula os intestinos e evita o estreñimento.
- Sistema circulatorio: o seu alto contido de potasio reduce a hipertensión e evitan que se formen trombos nas arterias causados polo colesterol. O potasio tamén axuda a regular as hormonas tiroideas.
- Mucosas, pel e ollos: conteñen betacaroteno que coa vitamina A e vitamina C coida os nosos ollos e prevén o acné na pel, ademais de manter saudables as mucosas evitando gripes e infeccións.
- Para os ósos: teñen moita vitamina K que axuda ao crecemento forte dos osos, axudandoos tamén a rexenerarse cando hai fisuras.
- Memoria: A vitamina B1 por todos é coñecida como un factor importante para manter a nosa memoria en forma, axudando a retrasar os problemas de Alzheimer por exemplo.
- Mulleres embarazadas: para a correcta formación do bebé é necesario ter uns bos niveis de ácido fólico, moitas mulleres teñen que tomar suplementos para regular estes niveis. As xudías teñen unha alta concentración de ácido fólico polo que deben formar parte das dietas das mulleres durante ese periodo.
¿Precisas de máis razóns para comer xudías? Pois ahí che deixo algunha mais:
- Pódese comer, cocida, guisada, en sopa, en ensaladilla fría, en menestra …
- As da Praza da Verdura son sementadas e recollidas polas nosas labradoras con todo o cariño e coidado que poñen nos seus productos, co que garantizamos unha calidade única.
- Non orixinan gases polo cal non nos sentimos inchados
Pide consello á tua vendedora e verás como ten miles de trucos e receitas aprendidas pola sua ampla experiencia para facer con xudías. Esperámoste os martes e sábados na Praza da Verdura de Vilagarcía.