¿Pensando que vas facer de comer? Pois xa que falamos esta semana da berenxena aquí vos deixo unha receita moi sinxela e económica.
Ingredientes:
- 2 berenxenas
- 1/2 kilo de carne (polo, ternera …)
- 100 gramos de cenoiras
- 100 gramos de pataca
- 1/2 cebola grande
- Aceite de oliva
- Pementa
Elaboración:
O primeiro que debemos facer é cortar as berenxenas pola metade ao largo e facer uns cortes no interior para que se coza mellor. A estas berenxenas engadimos un pouco de sal e aceite pola parte que fixemos os cortes. Unha vez listas metémolas ao forno xa prequentado durante uns 30 minutos a 180 º C.
Mentras temos as berenxenas no forno podemos ir preparando o recheo . Picamos as hortalizas (cenoiras e patacas) e cocémolas durante uns 15-20 minutos, cando estén listas retiramos do lume e escurrimos. Se queredes tamén podedes engadir chícharos no recheo.

Pochamos a cebola e engadimos a carne picada para que se vaia facendo
Agora é o momento de picar a cebola e sofreíla co aceite de oliva, cando esté un pouco pochada engadimos a carne picada cun pouco de sal e pementa. Remexemos ata que a carne esté feita, unha vez lista engadimos á cenoira e as patacas cocidas e seguimos remexendo.
Neste tempo xa tiveron tempo de facerse as berenxenas, con moito coidado de non romper a pel de fora quítamoslle a maior parte da pulpa para incorporar ao recheo.
Listo agora só queda meter o recheo, se queredes podedes engadir bechamel ou queixo relado e voltar a metelas no forno durante uns 5-10 minutos mais para gratinalo.
O máis importante é que se sirvan ben quentes, pero sen queimar claro, para poder apreciar todos os sabores diferentes que leva.
Ven á Praza de Abastos de Vilagarcía e merca as verduras que necesites coa confianza de que son productos hortícolas (verduras, legumes, hortalizas e froita) da nosa terra cultivados de forma tradicional e vendidos sen intermediarios.

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche