Crema fría de pementos, un prato con verduras fresquiño para o verán

| Publicado por | Categorías: Receitas

Chega o bo tempo e con él mudan os nosos hábitos alimenticios, pasamos de comer sopas e guisos quentes e optamos por pratos fresquiños.

Hoxe traiovos unha crema de pementos para tomar fría, unha receita que poderás utilizar como entrante ou como acompañamento de carnes. Podes deixalo preparado e consumir cando queiras.

Ingredientes:

  • Aceite de oliva
  • 2 Pementos grandes carnosos (podes usar amarelos ou vermellos)
  • 1/2 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 folla de loureiro
  • 1/2 taza de viño branco
  • 3 tazas de caldo de polo
  • un pouquiño de tomillo  e cilantro
  • sal
  • pementa

Elaboración da Crema de Pementos frescos

O primeiro que debemos facer é picar o pemento gordiño, picar a cebola e o allo. Despois poñemos a quentar un pouco de aceite nunha tarteira fonda a lume normal.

Cando esté quente engadimos o pemento picado, reservando un pouco para despois, tamén engadimos a cebolla, o allo, o tomillo e o loureiro. Deberemos remexer de forma constante para que non se pegue nen se queime.

Ingredientes necesarios para a crema de pementos

No momento que vexamos que está medio pochado engadimos o viño branco e esperamos 3 minutos para que se lle evapore un pouco o alcohol. De seguido incorporamos o caldo de polo á tarteira e baixamos a intensidade do lume durante uns 15 minutos. Ahhh que non se che olvide remexer durante este tempo.

No momento que esté listo apagamos o lume e deixamos enfríar, retiramos a folla de loureiro e xa case temos a crema lista. Se ves que quedaron moitos trozos de pemento e cebola enteiros, podes pasar a batidora ata facer unha consistencia máis de crema. Se polo contrario ves que está moi espesa quenta un pouco de caldo de polo e engádello. Este é o momento de engadir sal e pementa á nosa receita.

Se che gusta o pemento crú podes engadir por riba da crema ,antes de pola no prato, uns anacos que habíamos reservado ao principio.

Algúns pensaredes que é parecido ao salmorejo, pois pódese dicir que si, polo que se queredes engadirlle picatostes ou xamón relado tamén podedes. Darálle un toque diferente ao prato.

Este verano refréscate con receitas a base de verduras e hortalizas frescas, que podes atopar na Praza da Verdura. As mulleres da Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas, aconsellaránche cales son os mellores productos segundo a túas necesidades.

A túa compra de calidade asesorada polas que máis saben de productos frescos.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]