Consellos para alimentarse e sentirse ben no verán

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Estamos na primaveira pero case podemos tocar o verán grazas a estes longos días de sol e calor. De seguro que algún de vos incluso xa foi a praia a empezar a coller un pouco de color.

No verán por culpa das prisas e de querer aproveitar o tempo ao máximo moitas veces descoidámonos cousa que ao final nos impide disfrutar do verán como se merece.

Hai unha serie de pautas que é imprescindible seguir no verán e na Praza da Verdura querémos que as coñezas:

Hidrátate cada pouco tempo

Non importa se tes sede ou non. Co calor suamos máis do habitual e neste suor van líquidos e sais minerales que precisa o noso corpo. O mais aconsellable e rápido é hidratarse con auga, pero tamén podes tomar zumes ou froita fresca. Estos alimentos conteñen unha alta cantidade de líquidos e vitaminas.

A correcta hidratación é un factor moi importante no verán

A correcta hidratación é un factor moi importante no verán

Consume Froita

Acabamosvos de dicir que a froita fresca é boa para hidratarse, pero tamén para conseguir a vitamina C e os antioxidantes necesarios para axudar á nosa pel a resistir os raios UV. Non me refiro só os que collemos na praia senon cando andamos pola rua ou levamos aos nenos ao parque.

A froita é mellor consumila fresca ao natural, sempre que sexa posible, nada de zumes. O motivo é que cando se fai un zume na pulpa da froita que non comemos quedan vitaminas e fibra que precisa o noso sistema dixestivo.

As hortalizas son un refrescante natural

Non é casualidade que na zona sur de España o Salmorejo e o Gazpacho sexan pratos típicos moi consumidos. Ademais de todas as vitaminas e propiedades enerxéticas dos tomates e pementos (hortalizas principais destes pratos), podemos destacar a frescura destes pratos. Así baixaremos a nosa temperatura corporal evitando golpes de calor e deshidratación.

Outra boa opción é o consumo de ensaladas con mestura de verduras, horatalizas e froita como son : leituga, pepino, calabacín, tomate, cebola, cenoira, lombarda, mazán, espinaca, pemento …

Legumes

As legumes non só sirven para facer pratos de inverno como moitas persoas pensan, ademais é moi recomendable o consumo de legumes no verán. As legumes aportan fibra que axuda ao noso sistema dixestivo nos dias de axetreo e comidas rápidas. Podes preparar unha ensalada fria con garbanzos cocidos, guisantes con xamon cocido,

Consume peixe

O peixe ten moitas vitaminas e Omega 3 acompañao cunha ensalada fresquiña

O peixe ten moitas vitaminas e Omega 3 acompañao cunha ensalada fresquiña

No verán a variedade de peixe nas prazas é moito maior. Aproveita e consume peixe azul sobre todo (bonito, sardiña, boquerón …) son ricos en Omega 3 que axuda a manter o colesterol a raia.

Non olvides que os productos conxelados deben manter o frío

O máis típico do verán son os casos de indixestións ou intoxicación porque os productos conxelados rompen a cadea de frío, nalgún momento. Voltamos a reconxelar esos alimentos sen darnos conta de que perderon as súas propiedades e incluso poden estar contaminados.

Se vas de paseo ou a prais leva contigo sempre un recipiente isotérmico que garanta a cadea de frío.

Con estes consellos que che achegamos dende a Praza da Verdura de Vilagarcía esperamos que poidas disfrutar ao máximo o teu verán, sen indixestións ou golpes de calor.

Achégate á Praza da Verdura e merca a froita para levar a praia ou ao parque, ademáis de verduras e hortalizas para refrescarte e coidarte.

Recorda estamos todos os Martes e Sábados pola mañá na Praza da Verdura, cos nosos mellores productos para que merques con total confianza.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a «Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía» estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]