Coa chegada do calor e o sol a nosa pel reséntese inda que non nos poñamos en bañador e vaiamos á praia. O exceso de calor fai que nos deshidratemos e todo o mundo está concienciado que en verán debe beber mais, pero … ¿a nosa pel como a coidamos?
Ao consumir mais líquidos axudamos a que se hidrate por dentro pero por fora tamén sofre polo que é aconsellable utilizar cremas hidratantes compostas de productos naturais como o aloe vera por exemplo.
Ademais de hidratar a pel por dentro e por fora temos de coidar a nosa alimentación, procurando tomar alimentos ricos en antioxidantes, vitamina A, vitamina C e Vitamina E. Estos alimentos conseguirán manter a elasticidade da pel, o brillo e rexenerar as células.
Froitas, Verduras, Hortalizas e Legumes que debes consumir este verán
Kiwis
O kiwi é unha froita cun gran contido de Vitamina C, máis incluso que as laranxas ou limóns. Ademáis proporciona un alto contido en fibra que axuda ao noso sistema dixestivo e facilita o tránsito intestinal. Aconsellase o consumo de Kiwis durante procesos de alerxias ou catarros xa que reforza o sistema inmunitario.
Nas dietas para persoas que sofren hipertensión, diabéticos, embarazadas, persoas maiores … debería estar sempre presente como peza de fruta a non olvidar. A toma habitual de Kiwis ayuda a calmar os nervos, eliminar os líquidos retidos e evitar as posibles anemias que poidamos sofrir.
As laranxas e os limóns teñen as mesmas propiedades dos kiwis pero en moita menos cantidade.
Chícharos
Os chícharos son unha legume que nos axudan a diminuir o colesterol no sangue e axudan a mellorar a circulación xa que son vasodilatadores. A maioría das legumes axudan a regular os niveis de azucre no sangue e os chícharos non ían ser menos.
Esta legume é un excelente antioxidante que vai protexer o cabelo, a pel, as unllas e os texidos mucosos.
Xudía Verde
Esta legume contén Vitamina C, B2, B6, calcio, potasio, magnesio e fósforo. A súa alta porcentaxe de fibra regula o tránsito intestinal evitando o estreñimento.
As xudías están recomendadas para axudar as nosas mucosas, pel, ollos, ósos e incluso axuda a evitar perdas de memoria. Polo seu alto contido en ácido fólico, tamén é apta en persoas con deficiencia de este mineral, mulleres embarazadas ou que queren quedar embarazadas.
Pataca
As patacas conteñen antioxidantes que evitan a rápida dexeneración das células da nosa pel e mucosas. Ademáis axuda a controlar a presión arterial e evita enfermidades do corazón e de circulación.
Pementos
Regulan o funcionamento do sistema dixestivo e reducen os niveis de colesterol. Melloran a hidratación e rexeneración das células que compoñen a pel e mucosas.
Outras hortalizas e verduras que tamén axudan a coidar da pel son: Tomate, Repolo, Coles, Espinacas, Acelgas …
Como vedes o consumo habitual de verduras, froitas, hortalizas e legumes aportan inmesos beneficios á nosa saúde e aspecto físico.
Non perdades a ocasión de coidarvos e achegádevos á Praza da Verdura de Vilagarcia os martes e sábados pola mañá.